Escoitar

Ángel Gabilondo salienta que o Goberno quere abordar a crise poñendo a educación no "corazón da economía"

<br /> O Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, viaxou este luns á cidade de Vigo onde visitou un colexio público, o Concello de Vigo e xa pola tarde ten previsto reunirse co rector da Universidade e posteriormente con pais e profesores de colexios da cidade. Gabilondo asegurou que o Campus de Excelencia Internacional, Campus do Mar, suporá para Vigo e para Galicia "unha potencia de transformación". Abel Caballero deu a benvida ao Ministro e afirmou que a súa visita é especialmente importante porque este goberno municipal fai da educación "un tema central".

luns, 29 nov 2010
1291040281firma5.JPG
O alcalde de Vigo deu a benvida ao Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, de viaxe oficial en Vigo e onde visitou o CEIP Doutor Fleming para trasladarse posteriormente as dependencias municipais. O Ministro reuniuse co alcalde e saudou aos membros da corporación viguesa e nas súas previsións inclúense tamén unha reunión co reitor e a equipa de goberno da Universidade de Vigo e unha xuntanza con pais e profesores de colexios públicos da cidade.

Ángel Gabilondo explicou que no momento actual de crise económica e social, non so en España senón en todo o mundo occidental, "queremos abordar a crise poñendo a educación no corazón mesmo da economía". Tamén indicou que entre as súas prioridades destaca a proximidade á comunidade educativa ao entender "que ese é o aliciente, a forza e as razóns para traballar". O Ministro encomiou o carácter da cidade viguesa como "a dinámica emprendedora e productiva" e apostou por "non facer discursos de lamento". Pola súa banda o alcalde de Vigo asegurou que a súa visita é especialmente importante polo papel que xoga a Educación na política do actual goberno municipal.

Campus do Mar
Ao respecto do Campus do Mar da Universidade de Vigo, Gabilondo considerou que "é un gran acerto de Galicia e da Universidade identificar en que ámbitos se pode ser realmente excelente". Así amosouse convencido de que a raíz do Campus de Excelencia Internacional "Vigo e Galicia serán outra cousa porque é unha potencia de transformación e de xeración de posibilidades"
Descargar todas as imaxes