Trescentas persoas participaron na última etapa da senda panorámica de Vigo GR53 do programa "Vigo Camiño a Camiño"
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo rematou hoxe as actividades de senderismo do Programa "Camiño a Camiño e . Máis" deste ano que dirixe a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. As actividades durante este mes de novembro consistiron, entre outras, no recorrido da Senda Panorámica de Vigo GR53 da que hoxe finalizou a última das catro etapas da ruta.<br /> Trescentas persoas percorreron hoxe a cuarta e última etapa da Senda Panorámica de Vigo GR53 con 10,8 KM de percorrido que comenzou no Rebullón e rematou no ZOO da Madroa. A ruta, de intensidade media/baja, tivo unha duración de 3 horas.