martes, 30 novembro 2010

O alcalde asegura que "este Auditorio é un gran esforzo da cidade de Vigo"

martes, 30 nov 2010

Abel Caballero acompañou na mañá deste martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao Pazo de Congresos de Beiramar onde constataron que se trata dunha obra "magnífica". Caballero salientou o "gran esforzo" do Concello pois lembrou que, á chegada do actual goberno, o proxecto estaba "literalmente quebrado" e corría un serio risco de "non poder ser levado adiante"

Santi Domínguez anuncia que o Mickey's Music Festival dá a saída o xoves ao programa navideño da Tenencia de Alcaldía

martes, 30 nov 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes o espectáculo Mickey's Music Festival, que traerá ao Ifevi aos clásicos de Disney do 2 ao 5 de decembro, cuns prezos que oscilan entre os 18 e os 27 euros. O nacionalista destacou que é un espectáculo destinado ao goce dos nenos e nenas e, en xeral, do público familiar, co que a Tenencia de Alcaldía da a saída a súa programación navideña

A alcaldesa de Paul agradece a colaboración de Benestar que permite financiar a rehabilitación de vivendas en Cabo Verde

martes, 30 nov 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, e a alcaldesa da Cámara Municipal de Paul en Cabo Verde, Vera Almeida, explicaron hoxe os proxectos que se están desenvolvendo nesta localidade do país africano grazas á achega que fai o Concello de Vigo a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A alcaldesa de Paul salientou a importancia do proxecto de rehabilitación de 22 vivendas que se está levando a cabo coa achega de 50.000 euros que realiza a Concellería de Benestar Social, polo que agradeceu especialmente á María Méndez a colaboración.

O tenente de alcalde promociona mañá mércores en Barcelona a oferta de Vigo como destino turístico

martes, 30 nov 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentará mañá en Barcelona a oferta de Vigo ao sector turístico da cidade catalana, dentro da campaña de promoción da cidade en mercados nacionais e internacionais do Plan de Competitividade Turística de Vigo. A oferta turística que a nosa cidade presentará en Barcelona aposta pola ría e o turismo urbano como grandes eixos da campaña "Vigo, velo para querelo".