O alcalde e varios concelleiros asisten ao acto organizado por Imán no Día Mundial da SIDA
Abel Caballero e distintos edís da corporación municipal asistiron esta tarde ao acto organizado polo grupo IMAN na lonxa do Concello por mor do Día Mundial da SIDA. O grupo de autoapoio levou a cabo durante este mércores unha xornada de sensibilización coincidindo co Día Mundial de loita contra a VIH.
Hai agora 30 anos que a enfermidade azoutou o mundo e, a pesar de ter superada a fase do descoñecemento, o certo é que a SIDA continúa o seu camiño. Neste sentido desde grupos coma IMAN alertan de que "non se poden baixar os brazos" e da necesidade da prevención e da sensibilización. Este grupo de autoapoio é un programa do U.A.D. do Concello de Vigo que reúne persoas afectadas polo VIH/Sida e adiccións e persoas solidarias con esta causa. Levan 20 anos de percorrido na cidade de Vigo e naceron para "perder o medo, compartir inquedanzas e mirar de fronte á enfermidade". Están situados na rúa Pintor Colmeiro 9, baixo.
Descargar todas as imaxes