Os vigueses poderán decidir o nome do Auditorio a través dun concurso público de ideas
O alcalde de Vigo anunciou que o seu obxectivo é que sexan os cidadáns os que decidan o nome do Auditorio Pazo de Congresos e para elo convocarase un concurso público no que os cidadáns aportarán as súas ideas. Haberá distintos recoñecementos, tal e como adiantou o rexedor, ademais dun xurado encargado de determinar a elección final
O alcalde de Vigo realizou estas declaracións tras visitar na mañá deste venres o Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar nun percorrido que fixo acompañando ao alcalde de Toledo, Emiliano García Page.
O rexedor toledano estivo na cidade para comprobar a marcha do auditorio de Vigo dado que na súa cidade lévase a cabo unha infraestrutura destas características. Neste sentido Abel Caballero avanzou que o Auditorio vigués estase xa a converter nunha referencia no territorio nacional adquirindo proxección nacional.
"A partir de agora empezará a visitalo un número importante de xente relevante que xa queren ver o auditorio de Vigo", insistiu Caballero. O rexedor explicou tamén que a empresa reiteroulle hoxe os prazos de entrega segundo os que a principios de 2011 o Auditorio pasará xa a disposición do Concello.
Descargar todas as imaxes