Os pasaxeiros que viaxen á universidade poderán conectarse gratuitamente a Internet
venres, 10 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron hoxe venres esta iniciativa. Un ordenador ou móbil con conexión Wi-Fi é suficiente para acceder a rede de Vitrasa. As características das liñas á universidade son as idóneas para a implantación deste servizo. Con esta iniciativa, Vitrasa aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías.
venres, 10 dec 2010
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este venres as Xornadas de Toponimia "Como se chama ese lugar?", que se celebrarán na Casa Galega da Cultura os días 14 e 15 de decembro. Na presentación, na que tamén participou o vicerreitor de Extensión Cultural, Xosé Henrique Costas, a concelleira nacionalista destacou que este proxecto está organizado conxuntamente polas áreas de normalización lingüística do Concello e da Universidade de Vigo co obxectivo de conservar un legado cultural tan importante como a toponimia.
venres, 10 dec 2010
Abel Caballero participou este venres na inauguración da xornada organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, que culmina a iniciativa en Vigo tras pasar por Santiago de Compostela e A Coruña en pasadas semanas. Responsables autonómicos e estatais participaron nun evento que pecha unha visita na tarde deste venres aos traballos de construción dos túneles de acceso do AVE a Vigo desde Redondela.
venres, 10 dec 2010
O alcalde de Vigo participou este venres nos actos que organiza a Asociación Española contra o Cancro no Centro Cívico do Casco Vello en conmemoración do Día Mundial do Voluntario, onde avogou por extender este movemento a outras parcelas da sociedade e inculcar a solidariedade en toda a cidadanía. Caballero eloxiou a aqueles que ofrecen o seu tempo e coñecementos sen contrapartida e animou aos vigueses e viguesas a sumarse ao voluntariado.
venres, 10 dec 2010
O Paseo de Alfonso acollerá o vindeiro domingo, 12 de decembro de 11 a 14 horas, a cuarta edición do mercado de produtos tradicionais galegos na que se poderán atopar produtos relacionados coas festas de Nadal. Segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico, ademais da celebración da feira, haberá unha sesión de contacontos de 12 a 12.50 horas a cargo de Beatriz Campos, da compañía Migallas Teatro, que narrará unha historia que terá a unha cabaza como protagonista.
venres, 10 dec 2010
O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro domingo, 12 de decembro ás 18 horas, un novo espectáculo teatral dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Trátase da obra "As aventuras de Paquito Llons", da compañía de Javier Muro, e incluída no programa "Con T de Teatro" que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 para os maiores.