Escoitar

O alcalde anuncia que 50 traballadores municipais acondicionarán os espazos entre os edificios de Navia

Abel Caballero anunciou hoxe venres en Navia que o Concello, a través do programa municipal de emprego UTIL, acondicionará os espazos abertos entre os edificios do populoso barrio vigués, no que habitan sobre 15.000 persoas. O alcalde recordou que estes espazos son competencia da Xunta de Galicia, pero ante o abandono actual o Concello acometerá a reforma e pasará posteriormente o custo da mesma ao goberno autonómico.

venres, 10 dec 2010
1291989491navia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello de Vigo tomará a iniciativa e disporá a 50 traballadores municipais para acondicionar os espazos entre os edificios de Navia, propiedade da Xunta de Galicia e que atópanse actualmente en estado de "abandono".

Caballero denunciou que esta "gran zona de expansión de Vigo" está desatendida polo goberno autonómico, quen ten a obriga de arranxar os espazos e cedelos ao Concello para o seu mantemento. O goberno local leva un ano reclamando o cumprimento desta "obrigación" á Xunta porque a veciñanza de Navia -preto de 15.000 persoas- está no seu dereito a telas "ben arranxadas".

A través do programa de emprego municipal UTIL, medio centenar de traballadores humanizarán estes espazos con zonas verdes e parques infantís, cun "deseño notable", sen "reparar en gastos" para deixalo "como debe estar". "Pasarémoslle a factura á Xunta de Galicia", adiantou Caballero ao ser competencia do goberno galego, e explicou que continuará demandando á Xunta de Galicia a cumprimento da súa obriga coa veciñanza de Navia "con todos os medios legais ao noso alcance".

Caballero realizou este anuncio nunha visita a Navia, na que estivo acompañado do Presidente da Asociación de Veciños do barrio, do presidente da cooperativa de vivendas que impulsou UGT en Navia e dos traballadores do programa municipal UTIL.
Descargar todas as imaxes