Escoitar

Xabier Alonso anima a participar na quinta edición da Subida ao Castro que sairá o domingo dende o Náutico

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo hoxe un chamamento aos vigueses e viguesas para que participen na quinta edición da Subida ao Castro, que se correrá o vindeiro domingo, 12 de decembro ás 12 horas, con saída dende o Náutico e chegada ao Castelo de San Sebastián. O nacionalista destacou que nesta convocatoria hai xa 250 corredores inscritos, cifra que calificou de "un récord para esta proba". O prazo de inscrición está aberto ata mañá no centro comercial Gran Vía de forma gratuita.

xoves, 9 dec 2010
1291903449Castro.JPG
"Ano a ano aumenta a participación, polo que o importante é que esta proba se consolide, ao igual que o resto das carreiras populares", sinalou o concelleiro de Deportes na presentación da Subida, na que tamén participou o responsable de RP 3, Guillermo Janeiro, a quen Xabier Alonso felicitou pola iniciativa e a elección do trazado.

Respecto ao percorrido, Xabier Alonso dixo que é unha carreira "rápida e dura para os primeiros", diferente das probas de cross e das carreiras que se corren por estradas. "Para as persoas que corren ao seu ritmo, faise ben", asegurou. Ademais, apuntou que para quenes están competindo polos primeiros postos das carreiras populares, "é un xeito máis de obter puntos". En calquera caso, considerou que o esforzo que hai que facer "é compensado coa satisfacción de chegar arriba".

Guillermo Janeiro sinalou que unha das novidades da carreira deste ano é que se correrá cun chip, de forma que os e as participantes "poderán comprobar o tempo de chegada e axilizar a entrega de premios". Sinalou que haberá algunhas variacións do percorrido respecto a outros anos "por mor das obras". Indicou que vai discurrir dende o Náutico pola rúa Teófilo Llorente, a Porta do Sol, as escaleiras da rúa Segunda República, o Concello e a chegada no castelo de San Sebastián. Porén, sinalou que este percorrido previsto pode ter algunha modificación de hoxe ao domingo.

"Con esta proba temos o obxectivo de demostrar que Vigo non é unha cidade de costas tan complicadas e que incluso estamos orgullosos delas", destacou o responsable da organización da carreira. Guillermo Janeiro sumouse ao chamamento que fixo Xabier Alonso para realizar o percorrido "incluso andando".
Descargar todas as imaxes