Eudosio Álvarez anuncia que en mes e medio estarán sinalizados un total de 77 edificios históricos de Vigo
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este martes a posta en marcha da segunda fase de sinalización do patrimonio arquitectónico e cultural da cidade, que inclúe 40 edificios históricos, que se suman aos 37 da primeira fase. Segundo o edil nacionalista, esta iniciativa ten o obxectivo de "divulgar dun xeito permanente e accesible a toda a cidadanía todo este potencial histórico", que inclúe entre outros inmobles como a Casa Bárcena, o edificio Pardo Labarta, o grupo de casas para Benito Sanjurjo e o edificio Curbera.
Eudosio Álvarez asegurou que en mes e medio estará finalizado a maior parte do traballo, de xeito que serán un total de 77 os edificios sinalizados. "Se na primeira fase do programa sinalizaronse 37 elementos do patrimonio da cidade, nesta segunda fase colocaranse 40 soportes máis fronte arquitecturas de diferentes épocas e estilos, dende o século XVII ata o XX", destacou.
O concelleiro de Patrimonio Histórico explicou que a sinalética deseñada para o programa conta con textos de dous expertos en arquitectura e fondos coñecedores do patrimonio da cidade, como son o historiador José Ramón Iglesias Veiga e o arquitecto Jaime Garrido. Indicou que os textos, en tres idiomas (galego, castelán e inglés), xunto con planos históricos do edificio, van gravados con láser sobre aceiro inox.
Ao respecto sinalou que se decidiu utilizar a técnica de gravado láser pola súa durabilidade e fácil limpeza en caso de actos vandálicos. "O patrimonio histórico é moi susceptible de ser agredido, porque é moi delicado e moi difícil de conservar", asegurou, polo que avanzou que "imos a executar toda a forza que poidamos para sancionar e multar aos agresores". Porén, recoñeceu que no caso de Vigo, nos últimos anos, hai xa "unha conciencia moi grande da defensa do patrimonio e incluso moi activa".
Eudosio Álvarez citou edificios barrocos como a Casa Pereiro de Castro; eclécticos ou modernistas como o edificio Pardo Labarta e o Simeón; racionalistas como o Real Club Náutico, obra de Francisco Castro Represas; ou obras máis contemporáneas como o Edificio Aurora Polar, de Jenaro de la Fuente ou o Policlínico Cíes, de Bar Bóo. "Todos eles son un exemplo do rico patrimonio arquitectónico da cidade, recoñecido polos expertos, pero descoñecido en moitos casos para a cidadanía", comentou.
Preguntado polo anuncio de apertura do dobre sentido do tráfico na Porta do Sol, o concelleiro de Patrimonio Histórico indicou que "parece razonable que haxa un acceso dende o Paseo de Alfonso ao aparcamento, senón a estrutura deste párking debería ser diferente". Por outra banda, destacou a necesidade de controlar o tráfico nesta zona porque ao seu xuizo "ninguén sae gañando ao incrementalo". Neste sentido defendeu o dobre sentido para os automóbiles que entren no aparcamento e considerouno "imprescindible".
Descargar todas as imaxes