Escoitar

Raquel Díaz avanza que o Concello abrirá o albergue provisional na Escola de Hostalería

A concelleira socialista afirmou que o alcalde transmitiu a proposta a membros do colectivo Imán, tras celebrar un encontro na mañá deste martes. Díaz insistiu en que é necesario dar unha solución inmediata as persoas sen teito mentres non se pecha o emprazamento definitivo.

martes, 7 dec 2010
1291730042albergue1.JPG
A edil socialista Raquel Díaz explicou que a solución definitiva podería demorarse máis dun ano polo que afirmou que a decisión do alcalde, de abrir de xeito inmediato a Escola de Hostalería, responde ás necesidades das persoas sen teito.

"Hai que dar unha solución a esta xente polo que a Escola de Hostalería se abrirá de xeito inmediato, a xente sen teito debe ter unha solución aberta xa", enfatizou. A súa apertura suporá, segundo informou a concelleira, "obras de adaptación" que en todo caso "faranse coa xente dentro do albergue porque non supoñen un problema de incompatibilidade"
Descargar todas as imaxes