luns, 14 xul 2008
Vigo, 14 de xullo de 2008. – Na Xunta de Goberno celebrada hoxe 14 de Xullo ás 9:00 horas o alcalde destacou o importante volume de adxudicacións e diferentes trámites de obras na cidade aprobadas na Xunta de Goberno.

A aprobación dos plans de seguridade e saúde dan luz verde ao inicio das obras de entorno Povisa e Sanjurjo Badía que comenzarán a vindeira semana.

luns, 14 xul 2008
O Alcalde, Abel Caballero visitou esta mañá día 14 de Xullo a fragata Álvaro de Bazán. A fragata é a pioneira dunha xeración de buques europeos de escolta concibidos para os novos escenarios do século XXI.

venres, 11 xul 2008
O alcalde, xunto con membros da organización do Festival Aéreo Vigo 2008, visitou onte xoves a exposición de maquetas do museo do exército do aire situada na Planta 6ª do Corte Inglés. A mostra estará exposta toda a semana que ven.

venres, 11 xul 2008
O sábado ás 12:00 horas o alcalde e membros da patrulla Aguila, formación participante no Festival Aéreo Internacional de Vigo, visitarán aos rapaces ingresados no Hospital Xeral. Hoxe venres sobrevoarán e realizarán unha demostración no entorno do hospital.

xoves, 10 xul 2008
O alcalde presentou este xoves os once puntos de acceso a Internet distribuidos pola cidade, dos que xa funcionan dous desde hoxe, na Praza da Independencia e no Paseo de Alfonso. Os cidadáns terán acceso gratuito á rede durante 10 minutos as 24 horas do día. Ademais, Abel Caballero informou hoxe da apertura progresiva de oito novos aseos públicos automáticos na zona de praias.
xoves, 10 xul 2008
Hoxe xoves o Alcalde, Abel Caballero, e o Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor reuníronse na Alcaldía cos novos integrantes da directiva da Asociación de Veciños de Matamá . Á reunión asistiron Manuel Costas, presidente da Asociación, José Bacelos, Vicepresidente, Suso Costas e María Belén Perez tesoureiros da entidade.
martes, 8 xul 2008
O director xeral de supervisión do Banco de España, Javier Aríztegui Yáñez, o director de Política Rexional de Política Territorial da Unión Europea, José Palma Andrés, serán algúns dos invitados ao Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, que terá lugar en Vigo os días 25 e 26 de setembro.
martes, 8 xul 2008
Abel Caballero e representantes do Comité de Empresa do Concello de Vigo mantiveron este martes un encontro no que se trataron distintos temas, como a seguridade do edificio municipal ou a situación dos funcionarios. O alcalde mostrouse "extraordinariamente satisfeito" da reunión cun Comité "moi dialogante e cooperador" e adiantou que as xuntanzas se repetirán cada seis meses.
martes, 8 xul 2008
O alcalde de Vigo e a directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria mantiveron este martes un encontro de preparación da festividade. Abel Caballero aclarou que "con case toda probabilidade" as obras no centro non impedirán o paso da procesión por Policarpo Sanz, co que o percorrido será o mesmo de anos anteriores. Ademais, o Concello estuda instalar na fachada da Concatedral unha pantalla para que os fieis poidan seguir a misa desde fóra.

martes, 8 xul 2008
O alcalde e representantes da organización e de Caixanova presentaron este martes o Festival Aéreo de Vigo 2008, que conta "cun programa máis completo e máis potente" que en anos anteriores, segundo informou o organizador, Pablo González. O 20 de xullo terá lugar a celebración, que este ano se complementa con actividades culturais, como a entrada do buque Juan Sebastián Elcano o día 11 de xullo.