Caballero ve "moi interesante" os proxectos de A Golpe de Pedal para habilitar carril bici en Vigo, no Área Metropolitana e na Península
O alcalde, Abel Caballero, afirmou hoxe luns que estudará as tres propostas de A Golpe de Pedal para levar o carril bici ao Castro e Castrelos, tamén de Cabo Home a A Guarda e un terceiro europeo que pasaría por Vigo á súa chegada á Península. A entidade solicitou a Caballero que lidere os proxectos en calidade de alcalde e presidente do Eixo Atlántico e da Rede Española de Cidades polo Clima.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou hoxe luns que ve "moi interesante" os tres proxectos presentados pola entidade ciclista A Golpe de Pedal para habilitar circuitos ciclistas no municipio, no seu área metropolitana e tamén na Península.
Tras unha reunión coa asociación, Caballero afirmou que estudará as propostas dunha senda ciclista europea que parte de Noruega e remata no sur de Portugal, pasando por Galicia e as comunidades no norte español. No tocante ao oeste peninsular, o alcalde e presidente do Eixo Atlántico plantexará na próxima reunión o desenvolvemento desta iniciativa no fronte atlántico galego e portugués, polo seu "atractivo turístico e medioambiental". Desde a Rede Española de Cidades polo Clima que preside tamén porá sobre a mesa a proposta.
Unha segunda idea da entidade é a creación dunha vía ciclista costeira desde Cabo Home ata A Guarda, un total de 103 quilómetros de senda que pasaría por Cangas, Moaña, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Santa María de oia e A Guarda. Este é un "proxecto para ser estudado" que presentará no vindeiro encontro da Mancomunidade de Vigo.
A terceira iniciativa de A Golpe de Pedal "ten interés" e xa foi presentada ao Concello de Vigo no ano 2003, e trátase de dous circuitos ciclistas urbanos, un anel no Monte do Castro e un segundo no Parque de Castrelos. O alcalde asegurou estar "ben plantexado", pois son "dúas boas propostas" que analizará co departamento municipal de Mobildade.
Descargar todas as imaxes