Xesus López presenta a axenda de 2011 do Arquivo Pacheco, que conta xa con 70.000 imaxes dixitalizadas
O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do Arquivo Pacheco, Vítor Vaqueiro, presentaron este xoves a nova axenda deste arquivo para 2011, integrada por imaxes relacionadas co mar. O traballo desenvolvido polo equipo do Arquivo Pacheco permitiu, nestes últimos tres anos, que o número de fotografías dixitalizadas sexa de 70.000 e de 60.000 as completamente ordenadas.
Xesus López destacou que esta nova axenda do Arquivo Pacheco é un paso máis no obxectivo de dar a coñecer estes fondos fotográficos municipais. Subliñou tamén que tras a adxudicación da construción do Centro Galego de Fotografía "comezará un dos proxectos máis importantes da Concellería de Cultura e animación Sociocultural", que permitirá albergar tanto o Arquivo Pacheco como o resto de colección fotográficas do Concello.
"Nestes tres anos e medio de mandato levamos a cabo un intenso traballo de conservación, catalogación e importante labor divulgativo", salientou o concelleiro de Cultura. Así comentou que en 2009 comezouse a programar as exposicións temáticas do Arquivo Pacheco que deron lugar ás axendas anuais e posteriores publicacións.
Lembrou que precisamente no 2009 a axenda adicouse ás mulleres, cun gran éxito de acollida. O 2010 recolleu imaxes relacionadas "cos anos escuros" e supuxo unha viaxe polos anos de "intransixencia, terror e morte". Para o vindeiro 2011, Xesus López dixo que a axenda dá un "xiro de 180 grados", xa que se achega ao mar, "un elemento fundamental no presente da cidade, que o foi tamén do pasado e do futuro". Comentou que na publicación pódense atopar paisaxes, imaxes da lonxa e da venda de peixe, entre outras.
"Con este proxecto de axendas e exposicións pretendemos que os vigueses e as viguesas sexan coñecedores dun arquivo histórico importante a través do obxectivo da cámara da familia Pacheco", manifestou o concelleiro nacionalista. Trasladou os parabéns aos traballadores e traballadoras do arquivo polo seu traballo, "personalizado no seu director, Vítor Vaqueiro".
O director do arquivo expresou a súa satisfacción polo traballo desenvolvido ao longo destes tres anos e asegurou que o grao de cumprimento dos obxectivos marcados conxuntamente coa Concellería de Cultura daquela, supera o 90%. En resposta aos medios sobre se queda "moito por facer" no arquivo, Vítor Vaqueiro afirmou "ter sorte" de ter ao seu carón unha persoa con sensibilidade cara este tema como o actual concelleiro de Cultura, pero a "desgraza" de que no inicio do traballo comezou a crise económica. Explicou que cando chegou á dirección do Arquivo Pacheco, integrado por 150.000 imaxes "dicíase que había 60.000 fotografías dixitalizadas, cando en realidade estaban dixitalizadas 45.000 imaxes, polo que nos quedaban por dixitalizar 100.000".
Facendo un cómputo das horas que leva o traballo de dixitalización, sinalou que un profesional é capaz de dixitalizar un máximo de 6 imaxes diarias, que supoñen arredor de 20.000 ao ano, "polo que cunha persoa soa, para dixitalizar 100.000 fan falta cinco anos". Ademais, matizou que hai imaxes que, polo seu estado, requiren un "tempo de retoque de 10 ou 12 horas e cando chegamos ao arquivo había unha base de datos construída pero baleira", engadiu.
Tendo en conta esta situación Vítor Vaqueiro salientou o traballo feito nestes tres anos, xa que hai "descritas, con data asignada", un total de 25.000 imaxes. Ao seu xuízo, coa situación de crise actual e o persoal existente "é moitísimo". Ademais, destacou que hai 70.000 fotografías dixitalizadas e 65.000 "perfectamente ordenadas".
Descargar todas as imaxes