xoves, 30 decembro 2010

Caballero propón que Concello, Deputación e Xunta "cooperemos" para unir Peinador con Londres, Frankfurt, Bruxelas e Milán

O alcalde de Vigo anunciou este xoves a remisión de dúas cartas ao conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para plantexar a cooperación das tres institucións na "consolidación internacional" do aeroporto vigués. Estas conexións garanten que, cun transbordo, Vigo estaría conectado con calquer aeródromo do mundo, como precisan os principais sectores económicos e industriais da urbe.

O Concello colabora coa Fundación Oscar Pereiro na Gala Benéfica do Viño e a Moda organizada en favor da Asociación Española contra o Cancro

xoves, 30 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, participou este xoves na presentación da gala que terá lugar o 21 de xaneiro ás 20:30 horas no Hotel Pazo Os Escudos para recaudar fondos para a loita contra o cancro, un evento que incluirá unha cata dunha decena de viños, desfile de novos deseñadores galegos e algunha sorpresa por confirmar. O aforo ascende a 300 persoas e o prezo do cuberto é de 50 euros, en favor da Asociación Española contra o Cancro.

O tenente de alcalde anuncia que o mercado do Berbés reformarase no 2011 e será un novo atractivo turístico de Vigo

xoves, 30 dec 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este xoves o mercado do Berbés co obxectivo de despedir o ano cos comerciantes deste emblemático mercado municipal. No acto, o nacionalista anunciou que nos vindeiros días, xa de 2011, terán a presentación dunha nova importante, como é a remodelación do mercado, que "o configurará como atractivo turístico de Vigo".

O alcalde fixo entrega dos diplomas aos 125 alumnos dos cursos de informática de Participación Cidadá

xoves, 30 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron este xoves entrega dos diplomas aos 125 alumnos e alumnas que atenderon aos cursos de informática organizados polo Concello nos catro centros cívicos municipais. Os participantes adquiriron coñecementos prácticos sobre navegación en Internet e procesadores de texto e cálculo, entre outras materias.

Santi Domínguez salienta o éxito de público e das actividades que o Concello organizou en Vigolandia

xoves, 30 dec 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, visitaron hoxe Vigolandia, o parque de lecer que se clausura hoxe cun "balance altamente satisfactorio", segundo explicou o nacionalista. A falta dos datos da xornada de hoxe, na que se clausura, Vigolandia está tendo un maior número de visitantes que na edición anterior. O tenente de alcalde sinalou que é moi previsible que se superen as 21.000 persoas do ano pasado.

Xesus López presenta a axenda de 2011 do Arquivo Pacheco, que conta xa con 70.000 imaxes dixitalizadas

xoves, 30 dec 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do Arquivo Pacheco, Vítor Vaqueiro, presentaron este xoves a nova axenda deste arquivo para 2011, integrada por imaxes relacionadas co mar. O traballo desenvolvido polo equipo do Arquivo Pacheco permitiu, nestes últimos tres anos, que o número de fotografías dixitalizadas sexa de 70.000 e de 60.000 as completamente ordenadas.

O mercado de produtos tradicionais galegos do Casco Vello volve ao Paseo de Alfonso o primeiro domingo de 2011

xoves, 30 dec 2010

O mercado de produtos tradicionais galegos que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico celebrará a súa quinta edición o vindeiro domingo, día 2 de xaneiro de 2011. Esta feira, que conxuga a mellor artesanía tradicional coa venda de produtos ecolóxicos, avanza cara á súa consolidación no Casco Vello ao contar xa cun público fiel os primeiros domingos de cada mes.