O mercado de produtos tradicionais galegos do Casco Vello volve ao Paseo de Alfonso o primeiro domingo de 2011
O mercado de produtos tradicionais galegos que organiza a Concellería de Patrimonio Histórico celebrará a súa quinta edición o vindeiro domingo, día 2 de xaneiro de 2011. Esta feira, que conxuga a mellor artesanía tradicional coa venda de produtos ecolóxicos, avanza cara á súa consolidación no Casco Vello ao contar xa cun público fiel os primeiros domingos de cada mes.
Segundo o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudoiso Álvarez, as peticións dos artesáns e produtores para participar na feira son constantes, e da cifra inicial de nove participantes pasouse a quince na actual edición. O vindeiro domingo os artesán traerán o mellor dos seus traballos para mercar agasallos de última hora. Así poderán mercarse cestos de vimbio e madeira de Antonio Suárez, madeira torneada de Jorge Corcoba ou tecidos de Victoria Montenegro. Todos eles realizarán demostracións en vivo.
Tamén poderá atoparse deseño actual e sostible de pezas de bisutería en latón de Latontaylarubia, complamentos en cobre e prata de Artcoiris e tecidos de María Almazán. Nesta nova convocatoria poderán mercarse produtos da horta de produtores de Redondela e O Grove, pans de alto valor artesanal e ecolóxicas da panadería Divina de Santiago, queixo de cabra de Touza Vella, embutidos de Ecogaliza, conservas ecolóxicas de Caurelor ou prantas do centenario viveiro vigués J. Flores e xabróns artesanais de Josefa Gallego.