Escoitar

O alcalde asegura que o Concello leva investido 2,5 millóns de euros na parroquia de Candeán

Abel Caballero avanzou este luns que, ao remate da construción do pavillón deportivo, a cifra de investimentos na parroquia viguesa rondará os 5 millóns de euros. O alcalde reuníuse hoxe con distintas asociacións de Candeán para pasar revisión aos proxectos municipais na zona e recoller as demandas de mellora dos veciños, como habilitar un "recinto veciñal" para ocio e encontro na zona sobre o túnel da autoestrada.

luns, 3 xan 2011
1294061747candean.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou en 2,5 millóns de euros os investimentos que leva realizados o goberno local na parroquia de Candeán neste mandato.

Caballero entrevistouse este luns con representantes dos veciños, da xunta parroquial, da comisión de festas e da comunidade de montes para pasar revisión aos traballos executados ata o momento en Candeán e actuacións de mellora de cara ao futuro.

Segundo explicou o rexedor, o goberno que preside dobrará os investimentos na parroquia cando remate a construción do novo pavillón deportivo de Candeán, elevando a 5 millóns o total de melloras na zona.

Os colectivos de Candeán plantexaron ao alcalde algunhas melloras, como a ampliación de beirarrúas e a creación dun "recinto veciñal" para ocio, festas e encontro da parroquia, a ubicar na zona sobre o túnel da autoestrada.
Descargar todas as imaxes