O alcalde asegura que o Concello leva investido 2,5 millóns de euros na parroquia de Candeán
Abel Caballero avanzou este luns que, ao remate da construción do pavillón deportivo, a cifra de investimentos na parroquia viguesa rondará os 5 millóns de euros. O alcalde reuníuse hoxe con distintas asociacións de Candeán para pasar revisión aos proxectos municipais na zona e recoller as demandas de mellora dos veciños, como habilitar un "recinto veciñal" para ocio e encontro na zona sobre o túnel da autoestrada.