venres, 7 xan 2011
Abel Caballero informou das incidencias do temporal e destacou que "a cidade aguantou francamente ben" polas actuacións levadas a cabo no subsuelo nas humanizacións. "Esta vez non houbo inundacións en Colón nin na Praza de Compostela", dixo.
venres, 7 xan 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe a súa satisfacción polo recoñecemento feito pola Real Academia Galega de Belas Artes en relación á recuperación e posta en valor do xacemento arqueolóxico de O Castro, que recibiu ao longo de 2010 arredor de 30.000 visitantes. Para o nacionalista supón unha "gran honra" que esta entidade saliente o traballo feito polo Concello de Vigo no eido do patrimonio histórico.
venres, 7 xan 2011
O alcalde clausurou esta mañá os obradoiros organizados pola concellería de Participación Cidadá nos catro centros cívicos municipais, nos que os rapaces puideron "aprender e disfrutar", segundo apuntou o rexedor.