Os Reis deixaron os primeiros agasallos nos hospitais e compartiron cos nenos e nenas unha chocolatada
Os Reis Magos de Oriente están a ter hoxe unha apertada axenda en Vigo. Xa desde primeira hora da mañá Melchor Gaspar e Baltasar deixaron os seus primeiros agasallos aos nenos e nenas que pasan estes días nos hospitais. Despois compartiron con eles unha chocolatada no Concello na festa infantil, antes de ir a recuperar forzar para a Cabalgata de tarde e a intensa noite de reparto de agasallos.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, recibiron aos Reis Magos a primeira hora da mañá no centro médico Povisa. Alí visitaron aos nenos e nenas que puideron recoller os primeiros xoguetes cos que chegaron cargado a Vigo. A continuación visitaron tamén o complexo hospitalario Xeral-Cíes, o hospital Nicolás Peña, o Centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero e remataron o percorrido no asilo das Hemaniñas dos Anciáns Desamparados.
Melchor, Gaspar e Baltasar tiveron tamén tempo de achegarse a festa infantil que se celebrou no acceso ao Auditorio Municipal, onde atenderon as últimas demandas dos máis cativos e cativas e compartiron con eles unha chocolatada co tradicional roscón de Reis.
O tenente de alcalde agradeceu aos Reis Magos todas as atencións que tiveron cos nenos e nenas e convidounos a ser moi xenerosos esta noite con todas as familias viguesas.