Caballero asegura a "cooperación" municipal na procura dunha nova sede para a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas
O alcalde recibiu este martes a representantes deste colectivo que constrúe embarcacións tradicionais e procuran unha nova ubicación para a entidade onde ensamblar e reparar os barcos. Caballero confirmou que Urbanismo estuda unha parcela dotacional próxima ao campo de fútbol de Bouzas e anuncia "cooperación" da Asociación coa Escola Obradoiro municipal "Mar de Vigo", tamén decidada ao sector marítimo tradicional.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu á Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas a "cooperación" do Concello na procura dunha nova ubicación onde construir e reparar embarcacións tradicionais.
En declaracións tras a entrevista co colectivo, Caballero explicou que Urbanismo estuda ubicar o proxecto "imaxinativo" para a nova sede nunha parcela próxima ao campo de fútbol de Bouzas, que conta con "bastante consenso" das distintas entidades da vila. A Asociación será a encargada da construción unha vez o Concello dispoña do lugar e conceda licencia.
Abel Caballero garantíu que "queremos cooperar con eles" e avanzou maior colaboración entre a Asociación e a Escola Obradoiro municipal "Mar de Vigo", tamén dedicada á construcción ao sector.
A Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas ten un total de 12 embarcacións tradicionais en propiedade e o Concello de Vigo, a través da escola obradoiro, suma seis máis.
Descargar todas as imaxes