Escoitar

Santi Domínguez adianta que 31 carrozas e animacións darán forma este ano a unha Cabalgata "espectacular"

O tenente de alcalde. Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, quixeron comprobar hoxe os últimos preparativos da Cabalgata de Reis que percorrerá mañá, a partir das 18:30 horas, as rúas do centro da cidade. Os nacionalistas puideron ver os últimos detalles da elaboración das carrozas que levarán a Melchor, Gaspar e Baltasar, que como o resto da comitiva, terán como temática os contos infantís e os debuxos animados.

martes, 4 xan 2011
1294148438Cabalgata.JPG
Aínda que as previsións meteorolóxicas apuntan que mañá chove, o tenente de alcalde explicou que todo indica que pola tarde mellorará a situación e está previsto que a Cabalgata saía. "Só no caso de que cambien moito as previsións e as condicións climáticas fagan imposible que saían as carrozas suspenderase a Cabalgata. Agardamos que non sexa así, pero si finalmente temos que tomar esa decisión os nenos e nenas de Vigo terán a oportunidade de estar cos Reis Magos, recoller os seus caramelos e ver animacións no Auditorio Municipal", adiantou.

Sen embargo, Satni Domínguez confía en que todo o mundo teña a oportunidade de gozar na Cabalgata na rúa, xa que asegurou que este ano "será espectacular, tanto polas carrozas como polas animacións". A carroza do Rei Melchor fará referencia a "Cincenta", a de Baltasar a "As mil e unha noites", a de Gaspar a "Alícia no País das Marabillas" e a do Carteiro Real a "Peter Pan". O nacionalista explicou que a estas catro carrozas sumaranse outras nove das diferentes entidades colaboradoras, as que quixo agradecer a súa colaboración "para facer posible esta gran festa da maxia e a ilusión". A cabalgata contará ademáis con 18 elementos de animacións de acompañamento do cortexo. En total entre carrozas e animacións a cabalgata deste ano estará integranda por 31 elementos. O tenente de alcalde sinalou que como é tradicional repartiranse 4.000 kilos de caramelos sen glúte, áptos para celíacos, e 10.000 unidades de globos.

Santi Domínguez indicou que máis de 1.000 persoas serán as encargadas de toda a dinamización dos elementos da cabalgata e de velar pola seguridade en todo o percorrido. A este respecto, quixo salientar especialmente a seu agradecemento pola colaboración dos voluntarios da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e da Federación de Peñas "El Olivo".

Este ano recupérase o percorrido desde Isaac Peral, por García Barbón e Policarpo Sanz para rematar na Porta do Sol. O nacionalista explicou que precisamente será na Porta do Sol, onde ás 17.30 horas, se faga o acto de recepción oficial as Súas Maxestades os Reis Magos, que segundo afirmou, amosaron o seu interese en poder xantar nun local do Casco Vello.

O tenente de alcalde sinalou que ao longo do percorrido haberá un posto de emerxencias no cruce de Colón e Urzáiz, e outros dous de atención a nenos e nenas perdidos que estarán no lateral de Santiago de Vigo e na Porta do Sol.
Ademáis tamén haberá un espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón.

Pola mañá os Reis Magos visitarán os hospitais e tamén terán participarán na festa infantil con chocolatada que haberá a partir das 11 da mañá na Praza do Rei.
Descargar todas as imaxes