O xacemento de O Castro pechou 2010 con 30.000 visitantes e recibe a felicitación da Real Academia Galega de Belas Artes
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou hoxe a súa satisfacción polo recoñecemento feito pola Real Academia Galega de Belas Artes en relación á recuperación e posta en valor do xacemento arqueolóxico de O Castro, que recibiu ao longo de 2010 arredor de 30.000 visitantes. Para o nacionalista supón unha "gran honra" que esta entidade saliente o traballo feito polo Concello de Vigo no eido do patrimonio histórico.
Santi Domínguez destacou que a musealización do poboado castrexo de O Castro converteuno "nun dos elementos referentes da oferta cultural e turística de Vigo", tal e como destaca a Real Academia Galega de Belas Artes no seu comunicado. Afirmou que, ademais de recuperar parte do patrimonio, supón a posta en valor dunha parte da historia da cidade.
O tenente de alcalde explicou que a boa acollida que está a ter este espazo, cun amplo número de visitantes tanto de Vigo como do resto de Galiza e da península, amosa o respaldo da cidadanía a unha tarefa na que "pouco a pouco" se vai avanzando. Segundo o nacionalista, o xacemento de O Castro, ao igual que a vila romana de Toralla, o museo Quiñones de León, a nova Pinacoteca, e o novo Centro Galego de Forografía, "forman parte da vertebración do Plan Museístico da cidade".
A musealización inclúe a reconstrución e ambientación de tres edificacións que ilustran o momento inicial da ocupación romana, así como máis de 20 restos de diferentes edificacións. O xacemento é unha pequena parte do castro que ocuparía boa parte do monte sobre o que se asenta e que foi habitado entre o século I a.C. e o século III d.C., momento no que os habitantes comezaron a trasladarse a un novo poboamento que xurde á beira do mar.
O proxecto de revalorización do xacemento de O Castro tamén contemplou a ampliación da área escavada, a colocación do peche perimetral, a instalación de sinaléctica e pracas tiflográficas para facilitar a información ás persoas con discapacidades visuais e o reforzo da seguridade do recinto con cámaras de vixiancia, así como a mellora dos accesos para garantir a seguridade dos peóns.