Escoitar

Preto de 120 rapaces participaron nos obradoiros organizados nos Centros Cívicos este Nadal

O alcalde clausurou esta mañá os obradoiros organizados pola concellería de Participación Cidadá nos catro centros cívicos municipais, nos que os rapaces puideron "aprender e disfrutar", segundo apuntou o rexedor.

venres, 7 xan 2011
1294414426centrocivico.JPG
Abel Caballero e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, visitaron na mañá deste venres o Centro Cívico de Coruxo, unha das catro instalacións municipais nas que se levaron a cabo os obradoiros de Nadal.

En total participaron preto de 120 rapaces, entre as prazas dispoñibles no Centro Cívico de Coruxo, Teis, Saiáns e Casco Vello. O alcalde destacou a iniciativa municipal e referiuse as peticións dos pais de que os obradoiros se repitan noutras épocas do ano.
Descargar todas as imaxes