xoves, 13 xan 2011
Abel Caballero reuniuse co membros do equipo la Liga de Fútbol Indoor que aglutina a xogadores veteranos. O alcalde subliñou o seu desexo de que segan a ser exemplo da xente nova coa posibilidade de velos xogar e aprender deles.
xoves, 13 xan 2011
Na visita desta mañá o alcalde tamén poido saudar a algúns dos xogadores e ao entrenador do R.C. Celta de Vigo
xoves, 13 xan 2011
Cerca dunha vintena de inmobles serán obxecto desta visita, que estará guiada polo historiador José Ramón Iglesias Veiga. As persoas interesadas en facer o percorrido poden inscribirse chamando ao 010
xoves, 13 xan 2011
O alcalde participou na inauguración das xornadas "Estratexias e Debate Metropolitano. As áreas metropolitanas como instrumento de ordenación e desenvolvemento territorial", organizadas pola Alcaldía no Centro Social Novacaixagalicia. Con elas o que se pretende e facer unha "reflexión colectiva" nun momento "clave" da Area Metropolitana de Vigo.
xoves, 13 xan 2011
Abel Caballero inaugurou na mañá deste xoves a humanización desta rúa na que se executou a renovación do abastecemento e saneamento, e se instalaron 38 árbores, 26 puntos de luz e 10 papeleiras
mércores, 12 xan 2011
O alcalde reuniuse na mañá deste mércores co Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán Vilán, para falar dun proxecto que opta a captación de 9 millóns de euros da Unión Europea. O proxecto estaría liderado pola cidade de Vigo e del formarían parte outras 3 cidades de Reino Unido, Turquía e Malta
mércores, 12 xan 2011
Abel Caballero ratificou novamente que a análise microbiolóxica é negativa, que a auga está clorada e que polo tanto o seu consumo non supón risco algún para a saúde. O rexedor socialista lembrou, en todo caso, que o encargado de medir os niveis de potabilidade da auga é a consellería de Sanidade
mércores, 12 xan 2011
O presidente da comisión executiva do Eixo Atlántico, Abel Caballero, destacou que o orzamento aumenta en medio millón de euros e que o groso destas contas xéranse coa captación de fondos da comunidade europea, do ámbito autonómico e de empresas privadas. As Cámaras e Concellos que forman parte do Eixo Atlántico aportan so o 12% dos fondos
martes, 11 xan 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse onte luns co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Antonio González Marín, para ir perfilando o proxecto da estación do AVE en Vigo. O obxectivo do encontro, tal e como asegurou o alcalde, era confirmar as fechas e que todas as etapas da estación van a bo ritmo, o que finalmente foi corroborado no encontro. O alcalde tamén avanzou que as empresas teñen de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución do proxecto.
martes, 11 xan 2011
Abel Caballero lembrou que a idea deste parque comercial iniciouse en 1999 pero non chegaría a materializarse ata 2007, co actual goberno municipal. O complexo foi quen de xerar 400 empregos co emprazamento de nove empresas.