O alcalde salienta a transformación de Escultor Gregorio Fernández tras un investimento de 1,1 millóns de euros
Abel Caballero inaugurou na mañá deste xoves a humanización desta rúa na que se executou a renovación do abastecemento e saneamento, e se instalaron 38 árbores, 26 puntos de luz e 10 papeleiras
O rexedor visitou a rúa Escultor Gregorio Fernández da que destacou o proxecto do xardín que definiu coma un "oasis marabilloso". Afirmou que dunha "rúa intransitable" pásase agora a unha rúa que "acadou un nivel de luz".
Caballero lembrou que o goberno municipal leva preto de 350 rúas humanizadas e que o obxectivo e proseguir nesta liña. "Herdamos un Vigo de 35 anos de abandono e estamos a suplir as carencias deses 35 anos", apuntou.
Descargar todas as imaxes