xoves, 13 xan 2011
Abel Caballero inaugurou na mañá deste xoves a humanización desta rúa na que se executou a renovación do abastecemento e saneamento, e se instalaron 38 árbores, 26 puntos de luz e 10 papeleiras
xoves, 13 xan 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, comezou este xoves no Calvario unha nova rolda de visitas ás zonas comerciais de Vigo. No percorrido que hoxe realizou por diversos establecementos desta zona, o nacionalista defendeu a necesidade de seguir apoiando o pequeno e mediano comercio da cidade e anunciou que a principios de febreiro abrirá unha nova convocatoria de axudas a este sector.
xoves, 13 xan 2011
Cerca dunha vintena de inmobles serán obxecto desta visita, que estará guiada polo historiador José Ramón Iglesias Veiga. As persoas interesadas en facer o percorrido poden inscribirse chamando ao 010
xoves, 13 xan 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balance este xoves do programa de axudas ás persoas maiores e con problemas de mobilidade para reformar as súas vivendas e facelas máis accesibles correspondente ao 2010. A concelleira nacionalista salientou que foron 30 as vivendas reformadas, cun investimento que ascendeu a 66.000 euros, co obxectivo de que poidan seguir vivindo no seu domicilio.
xoves, 13 xan 2011
Abel Caballero reuniuse co membros do equipo la Liga de Fútbol Indoor que aglutina a xogadores veteranos. O alcalde subliñou o seu desexo de que segan a ser exemplo da xente nova coa posibilidade de velos xogar e aprender deles.
xoves, 13 xan 2011
Na visita desta mañá o alcalde tamén poido saudar a algúns dos xogadores e ao entrenador do R.C. Celta de Vigo