martes, 11 xan 2011
O alcalde avanza que terá lugar o 15 de xaneiro para que todos os cidadáns que o desexen poidan visitar estas xoias arquitectónicas acompañados, neste caso, do doutor en Historia da Arte José Ramón Iglesias Veiga. Para poder acceder a esta visita é imprescindible chamar ao 010 xa que os grupos estarán limitados a 40-45 persoas.
martes, 11 xan 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou este martes a súa satisfacción porque as obras de construción do complexo de locais de ensaio de Vigo "van a bo ritmo". Na visita que realizou á infraestrutura, xunto á concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o nacionalista anunciou que as obras rematarán en marzo, posta que está en execución a "última fase".
martes, 11 xan 2011
Abel Caballero lembrou que a idea deste parque comercial iniciouse en 1999 pero non chegaría a materializarse ata 2007, co actual goberno municipal. O complexo foi quen de xerar 400 empregos co emprazamento de nove empresas.
martes, 11 xan 2011
O rexedor destacou o posicionamento do sector turístico como o primeiro xerador de emprego, riqueza e valor engadido na mancomunidade de Vigo. O rexedor confía en que grazas a este plan estratéxico toda a área intermunicipal convértase nun único destino turístico de excelencia a potenciar "entre todos"
martes, 11 xan 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este martes as instalacións da Fundación Secretariado Xitano, onde se reuniu co seu director, Santiago González. Na vista, a concelleira nacionalista destacou a "excelente labor" que fai o Secretariado Xitano, co que o Concello de Vigo mantén un convenio de colaboración de 109.000 euros.
martes, 11 xan 2011
Abel Caballero presidiu este luns a apertura da mostra pictórica do artista vigués dentro da convocatoria de Mostrarte pola que estas dependencias municipais serven de punto de encontro as obras de diferentes artistas plásticos vinculados á cidade.
martes, 11 xan 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse onte luns co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Antonio González Marín, para ir perfilando o proxecto da estación do AVE en Vigo. O obxectivo do encontro, tal e como asegurou o alcalde, era confirmar as fechas e que todas as etapas da estación van a bo ritmo, o que finalmente foi corroborado no encontro. O alcalde tamén avanzou que as empresas teñen de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución do proxecto.
Anuncio Alcaldía
martes, 11 xan 2011
A alcaldía organiza o xoves 13 unha xornada sobre "As áreas metropolitanas como instrumentos de ordenación e desenvolvemento territorial" que se celebrarán no Centro Social Novacaixagalicia, con entrada libre ata completar aforo.