Escoitar

A concellería de Medioambiente edita 2000 axendas cos datos máis relevantes da biodiversidade do municipio

A concelleira Chus Lago presentou na mañá deste luns a Axenda Medioambiental 2011 que deixa patente parte da riqueza de Vigo. A axenda contén un calendario anual, semanal e mensual que van acompañados de acontecementos naturais que teñen lugar en Vigo e no seu entorno natural.

luns, 10 xan 2011
1294668813agendamedioamb.JPG
A edil socialista destacou amosouse convencida de que Vigo é unha cidade única en canto a a riqueza en biodiversidade. Así abondou na necesidade de dar a coñecer "un pouco máis o patrimonio natural" a través desta axenda.

"A axenda inclúe acontecementos naturais que transcorren en Cíes, na Ría de Vigo, en praias, parques forestais..." Chus Lago destacou o traballo dos biólogos que aportaron os datos "interesantes e curiosos" a presente edición.

En total a concellería editou 2.000 axendas, 300 delas entregaranse mañá aos últimos participantes do programa Camiño a Camiño que leva a cabo a concellería de Medio Ambiente.
Descargar todas as imaxes