Escoitar

O alcalde confirma en Madrid que as etapas da estación ferroviaria marchan a bo ritmo<br />

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse onte luns co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Antonio González Marín, para ir perfilando o proxecto da estación do AVE en Vigo. O obxectivo do encontro, tal e como asegurou o alcalde, era confirmar as fechas e que todas as etapas da estación van a bo ritmo, o que finalmente foi corroborado no encontro. O alcalde tamén avanzou que as empresas teñen de prazo ata o 2 de marzo para presentarse á execución do proxecto.

martes, 11 xan 2011
1294754460adif.JPG
Respecto ao deseño da estación o rexedor socialista explicou que se están a pechar as axendas do arquitecto norteamericano Thom Mayne e do Ministro de Fomento, José Blanco, que estarán en Vigo para a súa presentación.

O Ministerio de Fomento, a través de ADIF, licitou a construción e explotación do Centro Vialia na nova estación de Urzáiz o pasado 21 de decembro. Un proxecto que conta cun orzamento estimado de construción de 153,5 millóns de euros. Deles ADIF ten comprometida a contratación de 33 millóns para a realización das obras necesarias. O investimento restante deberá ser aportado pola nova sociedade, cunha porcentaxe de recursos propios de a lo menos o 30%.

O centro Vialia de Vigo contará cunha superficie de 208.624 m2, dos que 108.957 estarán destinados a uso comercial, 58.715 corresponderán a viais e zonas verdes e 40.952 adicaranse a construción dun aparcamento subterráneo.
Descargar todas as imaxes