Vigo opta a liderar un programa europeo de transporte de mercadorías en vehículos eléctricos
O alcalde reuniuse na mañá deste mércores co Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, José Antonio Vilán Vilán, para falar dun proxecto que opta a captación de 9 millóns de euros da Unión Europea. O proxecto estaría liderado pola cidade de Vigo e del formarían parte outras 3 cidades de Reino Unido, Turquía e Malta
Abel Caballero asegurou que a iniciativa do Concello, da Universidade de Vigo e de empresas que se irán incorporando progresivamente significará o inicio do programa europeo de automóbil eléctrico nestes 4 países.
As cidades implicadas, ademais de Vigo, son Eskisehir (Turquía), Valetta (Malta) e unha carta cidade de Reino Unido. Segundo explicou Abel Caballero trátase dun soporte máis ao proxecto "que Citröen e o Concello queremos desenvolver en Vigo e en Europa". O obxectivo, tal e como apuntou, é estudar a fondo o efecto do uso do vehículo eléctrico para mercadorías no medioambiente das cidades.
"Trátase de buscar todo o soporte que lle podamos dar á fabricación dos vehículos eléctricos que vai abordar Citröen". As expectativas son moi boas, afirmou o alcalde, e o vindeiro paso será convocar unha xuntanza das 4 cidades en Vigo para poder facer a presentación do proxecto á Unión Europea no mes de abril.
Descargar todas as imaxes