Abel Caballero avoga por un Area Metropolitana sen custo para os cidadáns e con ambición nas competencias
O alcalde participou na inauguración das xornadas "Estratexias e Debate Metropolitano. As áreas metropolitanas como instrumento de ordenación e desenvolvemento territorial", organizadas pola Alcaldía no Centro Social Novacaixagalicia. Con elas o que se pretende e facer unha "reflexión colectiva" nun momento "clave" da Area Metropolitana de Vigo.
Para levar adiante este debate Abel Caballero explicou que nas xornadas participan representantes de dúas áreas metropolitanas de excepción-Porto e Barcelona- para transmitir a súa experiencia.
Por parte de Barcelona estiveron presentes Antonio Balmón Arévalo, alcalde de Cornellá e vicepresidente executivo da Mancomunidade de Municipios de Barcelona así coma Sebastiá Grau Ávila, secretario xeral desta mesma mancomunidade. Pola súa banda tamén interveu Lino Ferreira, presidente da Comisión Executiva da Área Metropolitana de Porto.
Abel Caballero afirmou que se pretende "conseguir por fin a Area Metropolitana de Vigo, ben establecida", avogando ademais porque esta ocupe un espazo "que teñen que deixar -en parte o u na súa totalidade- outras administracións".
A aposta pola Area Metropolitana segue a ser "sen custo para os cidadáns e con ambicións en competencias", subliñou o alcalde. "Estaremos en situación real de levar adiante este proceso ambicioso que signifique unha vocación de poñer en marcha todas as nosas potencialidades".
Segundo explicou o rexedor local a Area Metropolitana de Vigo xeraría sinerxias importantes "para poñer en marcha a nosa capacidade produtiva, competitividade e sinerxias de produción", engadiu. Tamén incidiu en que coa súa posta en funcionamento en estas condicións o aforro en servizos podería chegar ao 20%. "Podemos ter mellores servizos e de maior calidade con menos custo".
Descargar todas as imaxes