Vigo acollerá en outubro un congreso nacional sobre patoloxía mamaria

venres, 1 ago 2014

O Concello cooperará co 33 Congreso da Sociedade Española de Senoloxía e Paloloxía Mamaria que se celebrará na nosa cidade no mes de outubro. Así llo trasmitiu hoxe o rexedor aos organizadores deste congreso, que contará cunha parte científica, outra de práctica médica e de efermería e, por último, unha social.

O goberno local valida o texto do convenio para instalar en Vigo servizos da Zona Franca

mércores, 2 xul 2014

O alcalde informou este mércores da aprobación do texto do convenio entre o Concello e o Consorcio para ubicar servizos da Zona Franca en Vigo. A entidade estatal comprará o edificio municipal de Areal para situar o Centro de Evolución Gastronómica de Galicia e habilitará un espazo de coworking e un viveiro de empresas no Auditorio Mar de Vigo -cofinanciado co goberno local e a Cámara de Comercio-. O acordo tamén senta as bases para o desenvolvemento da ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares.