martes, 15 mar 2016
Tras a sinatura dun protocolo Xunta-Estado para reasignar os usos do "pirulí", Abel Caballero ratificouse este martes na necesidade de rubricar un convenio que dea "certezas" ao traslado, xa que o asinado onte é "unha declaración de intencións". O rexedor avanzou a redacción dun texto e a súa remisión ao Goberno de España. <br />
martes, 15 mar 2016
AENA publicou onte luns as estatísticas aeroportuarias correspondentes ao mes de febreiro, que confirman ao aeródromo vigués como o de maior crecemento de España en pasaxeiros durante o que levamos de ano. No mes de febreiro, a terminal viguesa "bateu récords" por segundo mes consecutivo, tal e como resaltou o rexedor en declaracións aos medios.
mércores, 9 mar 2016
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inaugurou este mércores o seu novo espazo na cidade olívica, situado na rúa Teixugueiras de Navia. No acto, ao que asistiron diversas autoridades, Caballero constatou que no novo deseño da cidade "sempre estarán presentes as necesidades das persoas con discapacidade".
martes, 8 mar 2016
Caballero solicitou este martes ao vicepresidente autonómico un enfoque "máis aberto e participativa" para a proposta de traslado á torre do Xeral das dotacións xudiciais, tras constatar que colectivos vigueses carecen de información. Alerta o rexedor de que o "escurantismo" xera "enorme desconfianza".
xoves, 3 mar 2016
O alcalde apoiou esta mañá unha proposta de SOS Xustiza para a posta en marcha dunha comisión de seguimiento para o traslado dos xulgados ao antigo edificio do Xeral. Tal e como defendeu o rexedor, trátase dun xeito de aportar ideas que poidan enriquecer o deseño do proxecto.
xoves, 3 mar 2016
A Xunta Directiva de Conxemar transmitiulle a Abel Caballero necesidade de ampliar o espazo dispoñible no IFEVI para poder acoller unha feira integral do conxelado e da conserva, unha acción que o alcalde seguirá demandando á Xunta de Galicia, e instárono a seguir potenciando o aeroporto de Vigo que nestes momentos ven "con moi bos ollos".
martes, 1 mar 2016
Segundo informou hoxe martes o alcalde, este é o dato que recolle o informe no que o Consello de Contas fiscaliza a xestión dos municipios galegos, no que sinala que Vigo tivo "cero reparos" á súa acción por parte da intervención durante o ano 2014 o que implica a súa "transparencia e legalidade".
venres, 26 feb 2016
Abel Caballero pediu a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no traslado da Cidade da Xustiza ao Hospital Xeral e tamén solicitou o seu apoio para o proxecto municipal de construír a biblioteca estatal nos terreos expropiados e dar un uso social e cultural aos actuais edificios xudiciais.
xoves, 25 feb 2016
Na rolda de contactos que mantén con diferentes entidades para abordar a instalación da Cidade da Xustiza no antigo Hospital Xeral, Abel Caballero recibiu hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, e á Asociación de Comerciantes das Travesas, a quen lles transmitiu que solicitará a ampliación do uso de biblioteca do solo no que estaba prevista inicialmente a construción, así como a petición á Xunta da cesión dos edificios actuais para fins socio-culturais.
mércores, 24 feb 2016
A lectura de poemas da escritora padronesa, a realización de actividades arredor da súa obra, teatro e un paseo literario conforman o programa que o Concello organiza para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. Este mércores os escolares foron os protagonistas dun recitado de poemas no barrio do Calvario no que participou o alcalde.