O Concello homenaxea aos fusilados no 36 "por ter defendido a democracia e as súas conviccións"

venres, 26 ago 2016

O alcalde presidiu este venres o acto oficial no cemiterio de Pereiró, 80 anos despois do asasinato de alcaldes, deputados e distintos cargos políticos da cidade. "É a nosa homenaxe, desde a Alcaldía da cidade, nun acto oficial, ás persoas asasinadas no ano 36 por ter defendido a democracia e as súas conviccións políticas, de partido e de República", explicou Abel Caballero.

O alcalde recibe á familia que bautizou ao seu fillo co nome de Vigo

xoves, 11 ago 2016

A nai de Vigo, que ten catro meses, é unha viguesa que vive en Hamburgo, onde naceu o pequeno, e que decidiu homenaxear á súa cidade poñéndolle o mesmo nome ao seu fillo, para quen tamén barallaba a posibilidade de poñerlle Cíes, no caso de que fose nena. Abel Caballero amosouse "satisfeito" por poder recibilos e apuntou que hai outro neno chamado Vigo, nacido no concello no ano 2005.

O Concello e a Deputación asinan un convenio para o asfaltado de vías municipais cun investimento de máis de 900.000 euros

venres, 5 ago 2016

O alcalde salientou o investimento do ente provincial na cidade como o "resultado dun cambio histórico" ao dar conta da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da solicitude de ampliación dos novos graos da UNED na cidade e da contratación das obras de acondicionamento dos espazos do Auditorio Mar de Vigo para este fin. Amais recibiu o visto bo a contratación de obras de humanización por valor de case catro millóns de euros.

O alcalde ofrece "todo o apoio" á nova xunta directiva de Avogados Novos de Vigo

xoves, 4 ago 2016

Abel Caballero mantivo un encontro este xoves con parte da nova xunta directiva de Avogados Novos de Vigo, entre eles a súa presidenta Victoria Picatoste, a quen lle trasladou "todo o apoio" do goberno municipal no seu labor e, especialmente, na candidatura que preparan para traer á cidade o XX Congreso da Avogacía Nova de España, se celebrará no ano 2018.

O alcalde ofrece cooperación municipal á nova directora de Telefónica en Galicia <br />

mércores, 3 ago 2016

Abel Caballero recibiu este mércores á nova Xunta Directiva de Telefónica en Galicia, logo de que Marta Menéndez asumira a dirección da empresa na nosa comunidade. O rexedor declarou, ao remate do encontro, que o Concello mantén unha "boa relación" con Telefónica no referente á súa actividade en Vigo e no seu labor de ofrecer cobertura tanto de banda ancha como de rede móbil na cidade. Así, adiantou que a cooperación institucional marcará a relación entre goberno local e a dirección da empresa como viña acontecendo ata o de agora. <br />

Os alcaldes de Vigo e Valladolid acordan cooperación institucional entre ambas cidades

martes, 2 ago 2016

Abel Caballero reuniuse este martes co seu homólogo de Valladolid, Óscar Puente, para abordar os puntos de encontro que existen entre ámbalas cidades como é a industria automobilística ou a aposta pola mobilidade sostible. Como mostra das relacións fluídas que manteñen as dúas institucións, os rexedores acordaron manter a colaboración conxunta e intercambiar experiencias e coñecemento. O rexedor vigués eloxiou o labor de Óscar Puente á fronte da alcaldía valisoletana.