venres, 17 abr 2020
O Concello de Vigo recibiu unha doazón da empresa Vegalsa-Eroski con roupa para as persoas que están acollidas no pavillón do Berbés. Abel Caballero agradeceu en nome da cidade as achegas de empresas e persoas particulares e asegurou que “nunca rexeitamos ningunha doazón”.
venres, 17 abr 2020
Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo segue a facilitar inversións e permisos para realizar obras, sempre que se cumpran as medidas de seguridade e protección precisas para loitar contra o coronavirus. Ademais de autorizar as actividades con licenza concedidas, autorízanse novos permisos sempre que se poidan resolver de xeito telemático.
venres, 17 abr 2020
O presidente do Goberno e os representantes da Federación celebrarán unha vídeoconferencia ás 12.30 da mañá do 20 de abril. O alcalde anunciou que a FEMP acode coa intención de manter un diálogo aberto e coa vontade de colaboración: “Somos Estado e queremos cooperar ante unha crise extraordinariamente importante”
xoves, 16 abr 2020
O alcalde explicou que “non descarto en absoluto” atrasar novamente os prazos para abonar os impostos municipais, segundo evoluciona a pandemia. Caballero detallou ao Pleno as medidas adoptadas nesta crise, facendo fincapé na prevención, limpeza e atención aos máis vulnerables, cunha partida “sen límite orzamentario” para as axudas de emerxencia.
xoves, 16 abr 2020
Nunha sesión plenaria monográfica sobre o Covid-19, o alcalde presentou as medidas adoptadas desde o inicio da crise e demandou empregar con liberdade o aforro e os 19 millóns de superávit do pasado ano para paliar os efectos da pandemia.
xoves, 16 abr 2020
Creado por Abel Caballero para trazar a reactivación económica da cidade, a primeira reunión do comité asesor cidadá celebrouse este xoves por vía telemática con “ánimo” para buscar unha saída á situación por parte dos axentes institucionais, empresariais e económicos. O rexedor constatou a súa “vocación de saír xuntos”.
mércores, 15 abr 2020
Abel Caballero explicou que participarán entre 40 e 45 persoas de diferentes ámbitos da economía e industria viguesas para este primeiro encontro por videconferencia no que abordarán de forma conxunta a recuperación da cidade.
mércores, 15 abr 2020
Abel Caballero informou este mércores da aprobación de 165 novas becas de comedor e 60 axudas de emerxencia. Así, desde o inicio da crise do Covid-19 o Concello de Vigo xa entregou un total de 3.896 axudas por valor de 371.535 euros.
mércores, 15 abr 2020
A Xunta de voceiros acordou referendar en Vigo a declaración institucional sobre o coronavirus que aprobou por unanimidade a Federación Española de Municipios e Provincias. O texto será aprobado mañá nun Pleno telemático no que o Goberno local dará conta das accións levadas a cabo ata o de agora na loita contra esta pandemia.
martes, 14 abr 2020
Cada vez hai máis familias con problemas de recursos para financiar as comidas dos nenos e das nenas que non van ao colexio polo que o Concello vén de incrementar ata os 100.000 euros a partida que adica a este concepto. O total de achegas elévase ás 1.887.