venres, 3 abr 2020
Abel Caballero informou este venres de que o Concello contratará un servizo de cátering que reforzará a labor que xa fan a cociña do albergue municipal e os comedores sociais. Ademais, avanzou que xa se entregaron 3.254 menús a persoas sen fogar e familias necesitadas.
xoves, 2 abr 2020
Ante o peche das instalacións por mor do estado de alarma, a Biblioteca convida ás súas seguidoras e seguidores nas redes sociais a compartir imaxes deste 2 de abril e de como a literatura rodea as nosas vidas.
xoves, 2 abr 2020
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” a Fundación Menela convida á cidadanía a reivindicar a educación e o emprego para as persoas con autismo.
xoves, 2 abr 2020
Abel Caballero deu conta das inspeccións realizadas polos axentes onte mércores, con 1.074 controis que se saldaron con 38 denuncias. Insistiu o alcalde en que “imos seguir advertindo á cidadanía da importancia do confinamento” na loita contra o coronavirus.
xoves, 2 abr 2020
O goberno local contratará a seis auxiliares administrativos para axilizar a tramitación das axudas que está a recibir o departamento de Benestar Social. Ademais, o pavillón do Berbés aínda ten camas dispoñibles para as persoas sen fogar.
xoves, 2 abr 2020
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de mellora da rede de saneamento da rúa Jacinto Benavente. Os traballos prolongaranse durante seis meses e contan cun orzamento de 370.000 euros.
mércores, 1 abr 2020
Abel Caballero informou este mércores de que xa se fixo a entrega a Povisa e a Vithas Fátima dos contedores para residuos hospitalarios doados pola empresa Contenur. Ademais, informou da doazón de comida por parte de tres empresas que queren permanecer no anonimato.
mércores, 1 abr 2020
O alcalde deu instrucións para habilitar un segundo pavillón, que se suma ao do Berbés, para acoller a persoas sen fogar, atendendo peticións de localidades como Redondela, Baiona ou O Porriño. Ademais, o Concello xa entregou máis de 2.300 axudas de emerxencia desde que entrou en vigor o estado de alarma, por un importe superior aos 210.000 euros.
mércores, 1 abr 2020
Segundo determina o Real Decreto aprobado polo Goberno Central o 29 de marzo, o Concello mantén activas as actividades esenciais precisas para atender á cidadanía e garantir a prestación de servizos. O rexedor deu conta desta relación na súa comparecencia diaria.
mércores, 1 abr 2020
O alcalde apunta que a rúa é un espazo público onde “queremos manter a hixiene especialmente coidada”. O operativo de limpeza e desinfección municipal conta con 14 equipos en quendas de mañá, tarde e noite abranguendo toda a cidade.