venres, 21 ago 2020
Vigo acollerá esta fin de semana un total de sete concertos en diferentes lugares da cidade. Este mesmo venres, na Porta do Sol, Pablo Lesuite e Cómplices ofrecen a primeira actuación das 15 programadas con grupos de Vigo entre os meses de agosto e setembro.
xoves, 20 ago 2020
Abel Caballero e Sergio Prieto mantiveron este xoves unha reunión na Alcaldía por mor da inminente saída do aínda director territorial á Representación Permanente de España ante Nacións Unidas e a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Xenebra.
mércores, 19 ago 2020
O alcalde de Vigo participou este mércores no acto de inicio de montaxe das luces do Nadal 2020. Caballero avanzou algunhas das novidades para este ano e asegurou que o principal obxectivo é preparar un protocolo anticovid para que sexan “unhas festas con seguridade 100%".
luns, 17 ago 2020
O alcalde de Vigo fixo este luns balance do reforzo das medidas de control en zonas de ocio durante a fin de semana pasada e informou da imposición dun total de 129 propostas de sanción. A Policía Local levou a cabo “exhaustivos controis” as noites de venres e sábado para vixiar o peche de establecementos e os seus aforos.
venres, 14 ago 2020
O rexedor reuniu este venres ao comité de seguimento do Covid-19 no que se abordou a redución do aforo nos ámbitos públicos da cidade, a prohibición de consumir alcohol na rúa fóra das terrazas e a necesidade de gardar distancia e usar máscara. “Permaneceremos moi vixilantes e imos ser moi estritos”, advertiu.
xoves, 13 ago 2020
O alcalde anunciou este xoves cambios na composición do goberno de Vigo, que incorpora ao novo edil Pablo Estévez, á fronte de Participación Cidadá e Festas. Pola carga de traballo do coronavirus, Abel Losada céntrase en Cultura e Emprego e Yolanda Aguiar, en Política de Benestar.
mércores, 12 ago 2020
O alcalde de Vigo acompañou este mércores a Luis Piña, rexedor da Cañiza, na presentación do xamón e doutros produtos gastronómicos do concello na sede olívica da Deputación de Pontevedra. Debido á pandemia, a festa do Xamón da Cañiza non se celebra este ano 2020 no forma tradicional pero Caballero animou ao consumo destes produtos “excepcionais” tamén en tempos do Covid-19.
martes, 11 ago 2020
Abel Caballero sostén que o uso de remanentes contemplado no acordo é o único sistema legal para utilizar estes recursos sen incorrer en déficit dentro da Lei de Estabilidade Orzamentaria: “o que teña outra alternativa legal, que a poña sobre a mesa”, dixo. Ademais dos remanentes, o acordo prevé 5.000 millóns de euros a fondo perdido, o uso do superávit, un fondo de ata 400 millóns para transporte, participación nos Fondos UE e opcións de apoio ás Entidades Locais con dificultades financeiras
xoves, 6 ago 2020
O alcalde e presidente da FEMP subliña que o acordo subscrito co Goberno cifra neste prazo a amortización do préstamo dos remanentes á Administración Xeral do Estado. A FEMP traballa coa Dirección Xeral do Tesouro para concretar este e outros extremos das condicións.
mércores, 5 ago 2020
O alcalde informa do adiamento da convocatoria deste ano ata ter “garantías sanitarias totais” que “nestes momentos non se dan” no Reino Unido, apuntou, para que o alumnado beneficiario do programa de inmersión lingüística goce da súa bolsa para aprender inglés