Caballero: “A mobilización dos remanentes significa 2,5 puntos de crecemento do PIB e do emprego”

luns, 5 out 2020

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP anunciou que esta tarde, no marco da CNAL, coñecerase o grao de cumprimento de débeda pública, regra de gasto e estabilidade orzamentaria dos gobernos locais. Para Caballero, a presenza da FEMP na próxima Conferencia de Presidentes Autonómicos, co presidente do Goberno e a presidenta da Comisión, “significa que as entidades locais van estar presentes nos fondos europeos”.

A FEMP apoia a recuperación da memoria democrática coa súa rede territorial de municipios

xoves, 1 out 2020

O presidente da FEMP e a vicepresidenta 1ª do Goberno alcanzaron este acordo na reunión celebrada hoxe na sede da Federación. Para Abel Caballero é fundamental “recuperar esa parte da Historia que algúns tentan esquecer”. Carmen Calvo anunciou a próxima aprobación de recursos económicos para esta actividade Caballero referiuse ao uso de remanentes por parte dos gobernos locais como unha decisión extraordinaria e que valoramos moitísimo.

Caballero anuncia o acordo entre a FEMP e o Goberno para que os municipios dispoñan de 14.000 millóns

mércores, 30 set 2020

Uns 7.800 municipios de España e numerosas deputacións, cabildos e consells insulares poderán gastar 14.000 millóns dos seus remanentes tras o acordo entre a FEMP e o Goberno central. ”Poder gastar os nosos aforros é unha demanda nosa desde 2012”, asegurou Abel Caballero”. A FEMP seguirá negociando o fondo de 5.000 millón e o fondo de transportes.