A asociación Agarimo achégase á riqueza da ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

venres, 31 mai 2024

Abel Caballero puxo en valor hoxe, ante as persoas asociadas de Agarimo que participaron nunha nova singradura didáctica pola ría de Vigo a bordo da embarcación "Nautilus", integrada non programa municipal de avellentamento activo "Vigo, cidade amiga dos maiores", a información e os coñecementos adquiridos a través das explicacións dos expertos e da visión do fondo mariño captada por un dron e proxectada nunha pantalla. As persoas interesadas en participar poden chamar ao servizo de información telefónica municipal 010. Neste programa participarán 2.600 persoas maiores de Vigo.

Caballero recibe ao embaixador de Omán

xoves, 30 mai 2024

O alcalde e o embaixador de Omán en España, Omar Al-Kathiri, mantiveron una xuntanza na Alcaldía. O rexedor achegoulle unha parte da historia de Vigo, con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes. Ambos os mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para Omán como para a sociedade viguesa, explorando a posibilidade de poder seguir colaborando mutuamente para dar resposta aos retos e desafíos do futuro.

O alumnado do colexio Losada pecha neste curso o programa "Visita o teu Concello"

martes, 28 mai 2024

Os alumnos de cuarto e sexto de primaria do CPR Losada pecharon este martes o programa "Visita ou teu Concello" no que participaron ao longo deste curso máis de 2.000 escolares de 50 colexios. Abel Caballero explicou ao alumnado, na sala de plenos do edificio consistorial, a transcendencia da actividade que se desenvolve no Concello para garantir a calidade de vida da cidadanía. O alcalde animou aos 44 escolares a estudar.

Caballero celebra que o Estado cumpra cos proxectos ferroviarios de Vigo

martes, 28 mai 2024

O alcalde celebrou que o Consello de Ministros do Goberno de España licite por 51 millóns de euros a modernización da liña de tren entre Redondela e Guillarei. “Seguen aprobando proxectos para o noso territorio”, dixo o rexedor. A obra afectará a 23,5km entre Vigo e Tui e servirá para reforzar a capacidade da vía “para o tráfico de mercancías e eventualmente o tráfico de viaxeiros”. Caballero lembrou que tamén continúan os traballos na saída sur ferroviaria en túnel entre Vigo e O Porriño para conectar a cidade con Porto en alta velocidade.