Abel Caballero destaca a figura de Luísa Villalta na mostra organizada na Casa Galega da Cultura

mércores, 22 mai 2024

Abel Caballero e a delegada da Área de Cultura, Carmela Silva, participaron hoxe na inauguración da mostra sobre Luísa Villalta, organizada pola Fundación Penzol na Casa Galega da Cultura, para mostrar a vida e a obra da autora deste ano no Día das Letras Galegas. O alcalde destacou a figura da escritora, ensaísta, filóloga e violinista, e a importancia de ser unha das poucas mulleres homenaxeadas na celebración do 17 de maio.

O alcalde convida á cidadanía a gozar o domingo en Castrelos dos actos do Bicentenario da Policía Nacional

martes, 21 mai 2024

O auditorio de Castrelos acollerá, a partir das 11 da mañá do vindeiro domingo 26 de maio, o acto organizado para conmemorar o Bicentenario da Policía Nacional. As exhibicións dos medios cos que este corpo das forzas de seguridade desenvolve o seu traballo cotiá, que vertebran o programa, foron presentadas este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e co comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez.

Caballero compromete o seu apoio ao PERTE do Naval na inauguración de Navalia

martes, 21 mai 2024

O alcalde acudiu á inauguración da Feira Internacional Navalia que converte á cidade de Vigo no epicentro do sector naval coa chegada de empresas e comerciais de máis de 75 países. Abel Caballero comprometeu seguir no apoio a esta actividade produtiva a través do PERTE que está a desenvolver o Goberno de España cos fondos europeos Next Generation EU. "Somos empresa, economía, emprego e produción... É o noso ADN". Amais, o rexedor afirmou que "a Xunta ten a man tendida para todo aquilo que sexa cooperación, son alcalde de Vigo, débome á cidade e o mellor é marchar na senda da construción". Caballero relatou que o naval "é o corazón de Vigo", onde comezou o proceso industrial na cidade. Deste xeito, pola súa historia e importancia ao día de hoxe, louvou á directiva de Navalia por seguir adiante coa feira e amosar ao resto de mundo que Vigo ten unha gran industria.

Estudantado do Colexio Montesol pechan as visitas didácticas do programa "A máquina do tempo"

luns, 20 mai 2024

Estudantes do Colexio Montesol protagonizaron hoxe a última visita aos escenarios da Reconquista de Vigo do dominio das tropas napoleónicas, incluída nas actividades didácticas organizadas polo Concello dentro do programa "A máquina do tempo". Abel Caballero transmitiulles a mensaxe, compartida cos 1.200 escolares de quinto e sexto de primaria, que participaron na iniciativa municipal sobre a importancia de coñecer a historia de Vigo e de forma especial da Reconquista da cidade.

Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

xoves, 16 mai 2024

Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba, que participan no programa municipal “Coñece ou teu Concello”, a importancia do traballo que desenvolve o Concello en múltiples aspectos da actividade cotiá de toda a cidadanía de Vigo, así como con programas que afecta directamente aos estudianes como as bolsas de libros ou de inglés . “Quero que veais como é o concello e como traballamos”, indicou o rexedor.

Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

xoves, 16 mai 2024

O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a coñecer a historia de Vigo, especialmente dos episodios vividos en 1809 durante a Reconquista da cidade do dominio das tropas napoleónicas. Os estudantes percorreron, co soldado francés Pierre da Pierre, os principais escenarios onde se desenvolveu a xesta dos vigueses co programa municipal “A Máquina do Tempo-Reconquista 2024” . Un total de 23 colexios de Vigo, e máis de 1.200 estudantes, participan na iniciativa didáctica.