O alcalde visita a montaxe da Feira Internacional Navalia

xoves, 16 mai 2024

Navalia comeza a súa montaxe para recibir a milleiros de persoas procedentes de 75 países. Abel Caballero achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a feira internacional do sector naval para amosar o apoio e recoñecemento á organización. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e Javier Arnau, director, entre outras autoridades, cos que percorreu os diferentes pavillóns onde se desenvolverá o evento, que este ano amplía en 9.000 metros cadrados a exposición.

Abel Caballero recibiu á consul xeral de Francia en Bilbao

xoves, 16 mai 2024

O alcalde e a cónsul xeral de Francia en Bilbao, Marianne Carré, mantiveron unha xuntanza na Casa Consistorial, onde puxeron de manifesto os lazos de Vigo con Francia e coa cidade de Bilbao. Ambos os mandatarios puxeron de manifesto a importancia de que ten Europa na mellora das relacións dos municipios e da cidadanía. Diplomática de carreira, Marianne Carré foi nomeada como Cónsul Xeral de Francia en Bilbao no mes de setembro de 2023, procedente do Ministerio de Asuntos Exteriores e Europeos de Francia, onde foi Directora adxunta de Cultura e Medios.

Abel Caballero achégase ao traballo da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

mércores, 15 mai 2024

O alcalde e a concelleira de Política Social reuníronse hoxe co presidente, traballadores sociais, e usuarios da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, ASEM, para coñecer as instalacións do centro, así como as actividades que desenvolven en Vigo. Abel Caballero e Yolanda Aguiar foron informados do traballo desenvolvido na cidade por unha organización que celebra este ano 30 anos de actividade e de atención ás persoas con afeccións neuromusculares.

Alumnado do Colexio Quiñones de León aproxímase á Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

martes, 14 mai 2024

Abel Caballero trasladou este martes a 40 alumnos do Colexio Quiñones de León a importancia de "coñecer ben a historia da cidade" e de gozar coa actividade organizada polo goberno local: "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024". Os escolares percorreron as principais rúas onde en 1809 a cidadanía viguesa protagonizou a expulsión das tropas francesas de Napoleón. A iniciativa didáctica municipal aproxima un dos principais episodios históricos de Vigo a 1.200 estudantes de 5ª y 6ª de primaria.

O estudantado do CEIP Balaídos interésase pola actividade municipal no programa "Coñece o teu Concello"

martes, 14 mai 2024

Alumnado do centro percorreu este martes as dependencias dos principais servizos do Concello de Vigo para coñecer o funcionamento e as actividades que desenvolve a administración local. Os 50 estudantes que participaron no programa municipal "Coñece ou teu Concello" foron recibidos polo alcalde. Abel Caballero trasladoulles a importancia das decisións que se adoptan na Casa do concello, ademais de responder ao interese dunha das alumnas polo río Lagares.