Escoitar

A Xerencia de Urbanismo da o visto bo ao 1% do Plan Xeral pendente de aprobación

En sesión extraordinaria do Consello da Xerencia, Urbanismo aprobou hoxe venres o inicio da tramitación do 1% do Plan Xeral de Ordenación Municipal que resta por aprobar, atendendo aos requerimentos da Xunta de Galicia. O alcalde confía na súa ratificicación municipal no Pleno da Corporación e tamén na validación definitiva da goberno autonómico.

venres, 20 mar 2009
1237555731P5220084.JPG
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en convocatoria extraordinaria de urxencia, deu este venres o seu visto bo ao inicio da tramitación do 1% do Plan Xeral pendente de aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.

Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa posterior á reunión, a validación urbanística da comezo ao planeamento reformado seguindo as indicacións dos técnicos do goberno autonómico, unha proposta que debe ser ratificada previamente polo Pleno da Corporación antes de viaxar a Santiago.

O expediente, afirmou Abel Caballero, adáptase ás necesidades da cidade e á conveniencia da cidadanía pois mantén a legalidade vixente nos núcleos rurais e permite que os espazos industriais localizados no litoral vigués poidan realoxarse noutras zonas da cidade.

O rexedor vigués mostrouse confiado en que, tal e como aconteceu hoxe venres na Xerencia de Urbanismo, o Pleno ordinario da Corporación que se celebrará o vindeiro 30 de marzo ratifique o documento, ademais da Xunta de Galicia.

Plan E
O alcalde aproveitou a súa comparecencia pública para dar conta dos asuntos aprobados polo goberno local en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, celebrada o pasado mércores.

O goberno vigués adxudicou definitivamente obras do Fondo Estatal de Inversión Local do Goberno de España por valor de 17,3 millóns de euros, co que "prácticamente rematáronse todas as adxudicacións definitivas do Plan Zapatero", afirmou Abel Caballero.

Á falta dunha mellora nos colexios públicos por valor duns 300.000 euros, Vigo xa ten rematados os trámites definitivos das obras do Plan E, cun orzamento final de 52 millóns de euros e que crearán uns 1.500 empregos directos na cidade.

As melloras adxudicadas definitivamente o pasado mércores polo goberno foron a adaptación de locais para a biblioteca de Martínez Garrido, a construcción dun pavillón deportivo e dun campo de herba sintéctica en Navia, a reurbanización de seis rúas e infraestruturas de telecomunicacións no Casco Vello, a eliminación de barreiras arquitectónicas en dependencias municipais, a remodelación do eixo das rúas Elduayen e Paseo de Alfonso, e a revalorización e musealización dos restos arqueolóxicos do Castro de Vigo.
Descargar todas as imaxes