Escoitar

Xabier Alonso anima á cidadanía a gozar cos coches clásicos do Rallye Rías Baixas o vindeiro sábado

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou este mércores a toda a cidadanía a gozar coa "exposición andante" dos coches que participan na XI edición do Rallye Rías Baixas de Clásicos. Esta proba, na que se decidirá o Campionato de España 2008, disputarase o vindeiro sábado 21 de marzo, dende ás 10.30 horas ata 20.15 horas

mércores, 18 mar 2009
1237384698rally.jpg
"Só por poder ver esta marabilla que son os coches clásicos merece a pena achegarse a contemplar a proba", destacou o concelleiro nacionalista, quen sinalou que se trata "dunha boa mostra da relación da cidade co mundo do motor, polo que temos que apoiala dende a administración". A proba sairá do aparcamento ao carón Verbum ás 10.30 horas e ten prevista a chegada ás 20.15 horas no mesmo lugar.

O Rallye Rías Baixas de Clásicos contará nesta convocatoria cun percorrido diferente ao de edicións anteriores, co obxectivo de dar a coñecer o interior da provincia de Pontevedra. En total serán 203 pilotos, procedentes de equipos portugueses, de Cantabria, Asturias e Valencia, os que percorrerán un total de 344 kilómetros. Como curiosidade, o vehículo de maior antigüidade é un Mercedes 300 SL que foi contruido no ano 1954
Descargar todas as imaxes