Urbanismo aproba definitivamente os traballos para a construcción de 1.500 vivendas protexidas
O alcalde de Vigo informou este mércores da validación dos traballos de topografía e información parcelaria de Santa Cristina, Fontes-Pertegueira, Troncal e Pontenova. Nestes ámbitos erixiranse 3.996 vivendas, das que 1.436 serán de protección. Sumadas as aprobadas este xoves, Abel Caballero indicou que "a día de hoy, e do novo Plan, temos en marcha 8.500 vivendas"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa posterior ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que este departamento municipal aprobou definitivamente os traballos de topografía e información parcelaria de catro ámbitos que albergarán 1.436 vivendas protexidas.
A validación tivo lugar na reunión da Xerencia de Urbanismo, que deu a "aprobación definitiva dos traballos para a construcción de 3.996 vivendas", subliñou o alcalde, das que 1.436 serán de protección e 2.560, libres.
Os catro ámbitos de iniciativa pública nos que se validaron os traballos son Santa Cristina, Fontes-Pertegueiras, Troncal e Pontenova; que, sumados aos aprobados o pasado mes de decembro de Peteta, Falcoa, Macal e Poulo, suman un total de 4.054 vivendas, 1.767 protexidas e 2.286 libres.
O alcalde fixo balance dos ámbitos xa aprobados nos seus traballos previos e afirmou que "a día de hoxe, e do novo Plan, temos en marcha 8.500 vivendas" aproximadamente, 3.203 de protección e 4846 libres.
"Francamente satisfactoria"
Abel Caballero valorou moi positivamente a evolución do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, en vigor desde o pasado mes de setembro. Á luz das vivendas iniciadas, o alcalde asegurou que "a marcha do novo Plan en Vigo é francamente satisfactoria", e adiantou que o vindeiro venres, 20 de marzo, unha sesión extraordinaria da Xerencia de Urbanismovalidará o 1% restante por aprobar do PXOM, que está rematado e listo para o trámite "desde fai dez ou quince días", subliñou o rexedor.
Inicio das obras de humanización
O alcalde fixo referencia asemade na rolda de prensa ás aprobacións definitivas ratificadas onte martes polo goberno local para a mellora de oito rúas da cidade, con cargo ao Plan E do Goberno de España.
Abel Caballero avanzou que o vindeiro martes, 24 de marzo, e tras a aprobación dos plans de seguridade das obras, se iniciarán os traballos de humanización das rúas Sevilla, Valencia, Zaragoza (entre Regueiro y Tarragona), Illas Canarias, Illas Baleares, Urzáiz (entre Gran Vía e Gregorio Espino), Venezuela (entre Gran Vía e Camelias) e Simón Bolívar (entre Venezuela e Ecuador).
Descargar todas as imaxes