O Conservatorio Profesional de Música acolle o venres ás 20 horas a obra "Razóns de peso", con entrada libre
A Concellería de Igualdade convida á cidadanía a representación da obra de teatro "Razóns de peso", que terá lugar o vindeiro venres, 20 de marzo ás 20 horas no Conservatorio Profesional de Música. Trátase dunha comedia producida pola compañía Pinguela Teatro que pretende mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. A entrada é libre e gratuíta.
A obra que pretende rachar cos tópicos e aprender a dar oportunidades, achegando este tipo de problemas ao público dun xeito entretido, provocador e divertido. Está interpretada polas actrices Chelo do Rejo no papel de Celia e Ana Puente no de Laura, baixo a dirección de Anabell Gago. O deseño da escenografía corre a cargo de Lorena Conde, do vestiario de Mónica Sueiro e a autora do texto é Clara Gayo
Descargar todas as imaxes