Iolanda Veloso anuncia que o concurso Lingua de Amor inclúe unha nova categoría adicada ás cancións
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou este luns que a terceira edición do concurso Lingua de Amor inclúe unha nova modalidade adicada ás cancións. Na presentacion do concurso, no que tamén participou a secretaria xeral do Consello da Xuventude, Azucena Rodríguez, a edil do BNG explicou que a data límite para enviar tanto as declaracións de amor, como as cancións de amor, é o 10 de maio.
"Con motivo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional de Internet con este concurso queremos conquistar novos espazos para o uso do galego en espazos de comunicación no que o castelán e o maoiritario, pero afastándonos do seu uso institucional", explicou a secretaria xeral do Consello da Xuventude, Azucena Rodríguez na súa intervención. Asemade, explicou que na edición do 2008 participaron no concurso 2.000 declaracións de amor, o dobre que no ano 2007. En ámbalas dúas convocatorias, a mocidade de Vigo tivo un papel protagonista, xa que se na primeira edición supuxo o 12% dos participantes, na segunda foi do 13%.
Iolanda Veloso explicou que para participar no concurso é preciso rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu, para o que haberá que cubrir un formulario de inscrición. Sinalou que na modalidade de declaracións de amor en galego a través da rede., que deberán ter unha extensión máxima de 350 caracteres, se establecen dúas categorías de idade, a primeira de 14 a 19 anos e a segunda de 20 a 35 anos. Os premios para a primeira categoría son un ordenador portátil, unha videoconsola Play Station 3, e un Ipod; mentres que os premios para a segunda categoría son un ordenador portátil máis unha cea para dúas persoas, unha videoconsola Play Station 3 máis unha cea para dúas persoas, e un Ipod máis unha cea para dúas persoas.
Respecto á modalidade de cancións en galego, indicou que poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade, e as propostas gañadoras terán como premios un ordenador portátil máis unha fin de semana nunha casa de turismo rural, unha videoconsola Play Station 3 máis unha fin de semana nunha casa de turismo rural, e un Ipod máis máis unha fin de semana nunha casa de turismo rural.
Nas dúas modalidades a data límite para o envío de propostas é o 10 de maio, e do 11 ao 17 de maio será o periodo de votación do público, de xeito que as propostas máis votadas "pasarán a final e será un xurado quen determine as gañadoras", sinalou a concelleira nacionalista. Iolanda Veloso anunciou, finalmente, que a entrega de premios se celebrará en Vigo o 30 de maio.
Descargar todas as imaxes