Escoitar

O Concello e a Universidade estudarán a reorganización do transporte ao CUVI

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a iniciativa municipal dirixida a "un emprego máis eficiente do vehículo privado que permita reorganizar o transporte público" nas conexións entre a Cidade Universitaria e o centro. A Xunta de Goberno Local aprobou a prórroga do servizo de lanzadeiras desde Praza de España e Praza de América.

luns, 16 mar 2009
1237209159P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o Concello establecerá un estudo conxunto coa Universidade para reorganizar o transporte entre o centro e a Cidade Universitaria, incluíndo o aparcamento no CUVI.

A Xunta de Goberno Local validou hoxe luns o mantemento do do servizo de lanzadeiras do transporte público ao CUVI desde a Praza de España e a Praza de América, un servizo que nos anos 2007 e 2008 mantívose "prácticamente estable", segundo afirmou o rexedor. Por persona e día, desde a Praza de América empregaron este transporte 1.813 personas en 2007 e 1.780 en 2008; mentres que desde a Praza de España, o total sumou 1.403 usuarios no 2007 e 1.441 no pasado ano.

O alcalde citou un estudo do Valedor do Cidadá que mostraba a "ineficacia" do sistema de transporte ao CUVI pois emprégase moito o vehículo privado cunha ocupación media de 1,25 persoas por coche. O obxectivo da reestructuración do transporte pasa por facer "un emprego máis eficiente do vehículo privado que permita reorganizar o transporte público", indicou Abel Caballero.

Reparación urxente en Punta Lagoa
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén este luns fóra da orde do día a declaración da urxencia da reforma do muro caído en Baixada a Espiñeiro en Punta Lagoa, na zona do Monte de A Guía.

Derivado dos temporais acontecidos no pasado mes de febreiro, a reforma se executará de urxencia para paliar os danos do "derrubamento moi serio" do muro e para non retrasar o inicio do paseo de A Guía. Os traballos se acometerán nun prazo estimado de dous meses e supón 779.000 euros de investimento.

Reorganización da Policía Local
O alcalde informou asemade da aprobación da nova estrutura e operatividade da Policía Local de Vigo, baseada na polivalencia e a especialización.

A organización pasa a divdirse en tres sectores, dous no casco urbán e un no rural. Este último se reforzará pasando de 12 a 22 axentes e se divide en dúas zonas: o sector este , que abrangue San Xoan Poulo, Cabral, Candeán, Lavadores e Sampaio; e o oeste, Sárdoma, Bembrive, Beade, Castrelos, Matamá, Zamáns, Valladares, San Andrés de Comesaña, Saians, Coruxo e Oia.

As dúas seccións urbanas se dividen en cinco zonas: Casco Vello-Príncipe, Praza de Compostela-Rosalía, Sanjurjo Badía-Teis-Calvario, Bouzas e Coia, e serán atendidos á vez por motoristas e por policías de barrio, asistidos polas patrullas de seguridade.
Descargar todas as imaxes