luns, 16 marzo 2009

O Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais contempla un investimento de máis de 7.800.000 de euros

luns, 16 mar 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou este luns que Vigo contará "por primeira vez" cun Plan Estratéxico de Obras dos Mercados Municipais. Na presentación do proxecto de reforma dos mercados do Progreso, Calvario, Teis, O Berbés, Bouzas e As Travesas, o nacionalista salientou que os investimentos previstos ascenden a 7.883.030 euros para "adaptar os mercados municipais de Vigo ás necesidades actuais".

Iolanda Veloso anuncia que o concurso Lingua de Amor inclúe unha nova categoría adicada ás cancións

luns, 16 mar 2009

A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou este luns que a terceira edición do concurso Lingua de Amor inclúe unha nova modalidade adicada ás cancións. Na presentacion do concurso, no que tamén participou a secretaria xeral do Consello da Xuventude, Azucena Rodríguez, a edil do BNG explicou que a data límite para enviar tanto as declaracións de amor, como as cancións de amor, é o 10 de maio.