Escoitar

Santi Domínguez destaca a innovación no sexto Salón de Panadería, que se celebrará no Ifevi do 27 ao 30 de marzo

O tenente de alcalde e presidente do Ifevi, Santi Domínguez, destacou este mércores a aposta pola innovación como mellor forma de loitar contra a crise, tal e como se poderá comprobar na sexta edición do Salón de Panadería, Pastelería e Industrias Afíns. A feria terá lugar no Instituto Feiral de Vigo do 27 ao 30 de marzo e nela participarán máis de sesenta expositores.

mércores, 18 mar 2009
1237383556salon.JPG
"Nun momento de crise como o que estamos vivindo, no que as pequenas empresas experimentan problemas de financiamento, hai sectores que están resistindo e tirando cara adiante con esforzo, traballo e innovación", salientou Santi Domínguez. Expresou os seus parabéns a Asociación Provincial de Industrias de Panificación de Pontevedra (Aproinpa) e á organización do salón, a cargo da empresa Planner & Proceltha, porque ao seu xuízo, os profesionais que visitarán a feira "poderán comprobar as innovacións e o traballo que se están desenvolvendo".

O tenente de alcalde indicou que no Ifevi estase percibindo a disminución do número de expositores dalgúns eventos, pero segundo salientou, "tamén vemos que os profesionais sobreviven, e esta de SIPPA é unha delas". "Como presidente do Ifevi e concelleiro de Comercio aledame ver hai sectores que resisten e mostran que están vivos", dixo.

O vicepresidente de Aproinpa, Benigno Cervela, expresouse neste mesmo sentido, destacando a importancia da feira "para introducir as novas tecnoloxías no sector"; en concreto, destacou a necesidade de mellorar as tecnoloxías do frío nas panaderías e falou da importancia de promocionar o pan artesán galego.

O director do salón, Pedro Corbacho, explicouo que os 60 expositores, representan a máis de 150 firmas nacionais e internacionais, distribuídas nunha superficie de 6.000 metros cadrados. Corbacho salientou a internacionalización que ten experimentado a feria dende a súa creación no ano 2001. "Naceu como unha iniciativa de ámbito provincial e, na súa sexta edición, converteuse xa nun referente para todo o noroeste peninsular: Galicia, norte de Portugal, Asturias e León, ademais de contar coa presenza de expositores estranxeiros, principalmente de Portugal", explicou.

Neste sentido, salientou o notable impacto que a celebración desta feira terá no sector servizos, ao contar, do 27 ao 30 de marzo, con expositores de Galicia, Madrid, Cataluña, País Vasco, Valencia, Castela-León e Andalucía, así como o 29% de Portugal e Alemaña. Asemade, indicou que a previsión de visitantes é de 15.000 persoas, entre profesionais e público en xeral.

Nesta sexta edición celebraranse varias actividades paralelas como degustacións de produtos de repostería e panadería, demostracións, un concurso ibérico de pizzas no que participarán profesionais de España e Portugal e será presidido polo que está considerado o mellor pizzero do mundo, o italiano Alessandro Negrini, e un Congreso internacional sobre
panadería os días 28 e 30 de marzo.

En Galiza, o sector da panadería ten un peso económico moi importante, xa que na actualidade, funcionan preto de 1.500 fábricas de pan, hai 50.000 persoas empregadas nesta actividade e o seu volume de negocio alcanzou os 328 millóns de euros en 2006.
Descargar todas as imaxes