Fragatas da Armada e as forzas aéreas francesas participarán no Festival Aéreo de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, viaxou onte martes a Madrid onde pechou cos Xefes do Estado Maior da Armada e do Exército do Aire e co embaixador francés a participación de "unha ou dúas fragatas" da Armada, do buque Elcano, das forzas aéreas de Francia e a "implicación total e absoluta" do Exército de Aire. Cos novos participantes, "o Festival Aéreo de Vigo é o máis importante de España" salientou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores a participación no Festival Aéreo de Vigo deste verán de "unha ou dúas fragatas" da Armada Española, do buque Elcano, dos Harrier e das forzas do aire francesas, ademáis de rubricar a "implicación total e absoluta" do Exército do Aire.
Coas novas adquisicións para a edición de 2009, o alcalde indicou que "o Festival Aéreo de Vigo é o máis importante de España", polo que se potenciará no exterior a través da publicidade. Abel Caballero pechou estes compromisos en sendas reunións mantidas onte martes en Madrid cos Xefes do Estado Maior da Armada, Manuel Rebollo, do Aire, José Giménez Ruiz, e co embaixador francés en España, Bruno Delaye.
Tal e como explicou este mércores, o alcalde solicitara onte mércores ao Xefe do Estado Maior a participación das fragatas e a navegación do buque Elcano na ría de Vigo, ao que este accedeu, ademáis da participación dos Harrier, avións con despegue vertical.
O embaixador francés garantiu a Abel Caballero a participación das forzas aéreas, sobre todo pola celebración do Bicentenario da Reconquista de Vigo que celébrase este ano e polo vínculo que a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën establece entre a cidade olívica e o país galo.
O rexedor explicou asemade que conqueriu do Xefe do Estado Maior do Aire, José Giménez Ruiz, a "implicación total e absoluta" das forzas aéreas españolas no Festival; un resultado das reunións que satisfixo ao alcalde.
Descargar todas as imaxes